O menor dos males
O menor dos males é unha película galega dirixida por Antonio Hernández en 2007. Trátase dunha longametraxe de 110 minutos de duración escrita por Antonio Galeano, producida a súa totalidade por Voz Audiovisual e rodada na Ponte Maceira (Negreira).
No elenco desta comedia galardoada con tres premios no Festival de Cine de Málaga 2007 figuran os actores galegos César Cambeiro, Berta Ojea, Antonio Durán "Morris" e Xabier Deive.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A película conta a historia de Eduardo, un pai de familia residente en Madrid e que se dedica profesionalmente a política ocupando un posto de relevancia. Ten unha irmá, Julia, residente na casa familiar de Galicia e á que decide visitar sen previo aviso.
Eduardo intenta que Julia marche da casa e lla deixe a fin de semana coa excusa dunha importante reunión de traballo. Ante a negativa dela, acaba por confesarlle que o que pretende en realidade é pasar eses días coa súa amante, Vanessa, unha moza moi nova coa que leva dous anos.
Participou no Festival de Cine de Ourense en novembro de 2007 e a súa estrea nos cines españois produciuse o 14 de marzo de 2008.
Elenco de actores
[editar | editar a fonte]- Carmen Maura. Como Julia.
- Roberto Álvarez. Como Eduardo.
- Verónica Echegui. Como Vanessa.
- Berta Ojea. Como María.
- César Cambeiro. Como Escoriza .
- Xabier Deive . Como Rodero.
- Antonio Durán "Morris". Como Hugo.
- Marta Belenguer. Como Ruth.
Equipo técnico
[editar | editar a fonte]- Dirección: Antonio Hernández
- Produción: David Martínez
- Xefatura de produción: Alfonso Blanco
- Música: Nani García
- Xefatura de son: Carlos Mouriño
- Montaxe: Jorge Coira
- Dirección de fotografía: Javier Salmones
- Dirección de arte: Gabriel Carrascal
- Asistencia de dirección: Manuel Gómez
- Guión: Antonio Galeano
- Cámara: David Acereto
- Maquillaxe e peiteado: Romana González "Pato" e Leonor García
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Biznaga de Prata ó mellor guión (Antonio Hernández e Antonio Galeano), ó mellor vestiario (Ruth Díaz) e á mellor actriz secundaria (Verónica Echegui) no Festival de Cine de Málaga 2007.
- Nomeamento ó Biznaga de Ouro ó mellor director.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actriz | Carmen Maura | Nomeada |
Mellor montaxe | Jorge Coira | Gañador | |
Mellor son | Carlos Mouriño | Nomeado |