O párroco de Vejlby
Aparencia
O párroco de Vejlby | |
---|---|
Título orixinal | Præsten i Vejlbye |
Autor/a | Steen Steensen Blicher |
Orixe | Dinamarca |
Lingua | Dinamarqués |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1829 2019 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 70 |
ISBN | ISBN 978-84-949713-8-9 (gl) |
Tradución | Alejandro Tobar |
[ editar datos en Wikidata ] |
O párroco de Vejlby (en dinamarqués: Præsten i Vejlbye) é unha novela de crime e misterio escrita en 1829 polo autor dinamarqués Steen Steensen Blicher. A novela está baseada nun caso de asasinato auténtico que ocorreu no ano 1626 na vila de Vejlby, preto de Grenå, en Dinamarca, a cal Blicher coñecía parcialmente a través da Historia da Igrexa Dinamarquesa de Erik Pontoppidan (1741), e en parte a través da tradición oral.[1] O relato tráxico de Blicher foi adaptado ó cinema tres veces por directores dinamarqueses.
Foi traducida ó galego por Alejandro Tobar[2] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Steen Steensen Blicher's footnotes to Præsten i Vejlbye (Nordlys X, 1829)". The Archive of Danish Literature. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 02 de outubro de 2019.
- ↑ Hugin e Munin (ed.). ""O párroco de Vejlby" en Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2 de outubro de 2019.