Saltar ao contido

O planeta dos simios (filme de 1968)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O planeta dos simios
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalPlanet of the apes
DirectorFranklin J. Schaffner
ProdutorArthur P. Jacobs
GuiónMichael Wilson
Rod Serling
Baseado enO planeta dos simios de Pierre Boulle
IntérpretesCharlton Heston
Roddy McDowall
Kim Hunter
Maurice Evans
James Whitmore
James Daly
Linda Harrison
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaLeon Shamroy
MontaxeHugh S. Fowler
EstudioAPJAC Productions
Distribuidora20th Century Fox
Estrea1968
Duración112 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$5 800 000
Recadación$33 400 000 (Norte América)
Filme seguinteBeneath the Planet of the Apes
Na rede
IMDB: tt0063442 Filmaffinity: 674289 Allocine: 12791 Rottentomatoes: m/1016397-planet_of_the_apes Mojo: planetoftheapes Allmovie: v38295 TCM: 18648 Metacritic: movie/planet-of-the-apes-1968 TV.com: movies/planet-of-the-apes-1968 Netlix: 60000539 Editar o valor en Wikidata

O planeta dos simios (en inglés: Planet of the Apes) é un filme dirixido por Franklin J. Schaffner que se estreou en 1968. Baséase na novela O planeta dos simios de Pierre Boulle.

Unha nave espacial procedente da Terra realiza unha aterraxe forzosa nun planeta descoñecido. Os astronautas, ó mando de Taylor (Charlton Heston) inspeccionan os arredores e descobren que neste planeta os seres intelixentes son uns simios que comparten características físicas cos chimpancés (civís), gorilas (militares) e orangutáns (relixiosos e políticos) da Terra, pero que desenvolveron unha civilización e unha linguaxe (intelixíbel por Taylor). Os humanos deste mundo, en troques, teñen facultades moi pouco desenvolvidas, son incapaces de falar e son tratados coma gando polos simios. Taylor é apreixado, sufrindo unha lesión na gorxa que lle impide falar, e os simios lévano á súa aldea xunto con outros humanos cazados na mesma batida.

A escena final foi rodada nunha praia entre Malibú e Oxnard en California.

Na aldea, os científicos estúdano detidamente. Co tempo, Taylor gaña a confianza de dous mozos chimpancés e finalmente consegue fuxir. Na súa fuxida avanza ó longo da costa, ata que fai un achado que o deixa impresionado.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Repercusión

[editar | editar a fonte]

O éxito desta longametraxe levou á produción de varias secuelas e precuelas, unha serie de televisión e outra de banda deseñada nos anos sesenta e setenta.

O planeta dos simios foi continuado por catro secuelas:

e dúas serie de televisión:

(A pesar da confusión con "battle" por "conquista" na quinta película da saga, que corresponde ó "conquest" da cuarta en inglés, esta foi a tradución que no seu momento se fixo dos títulos das películas en castelán)

Remakes:

Candidaturas ós Óscars

[editar | editar a fonte]

A película foi candidata ós premios da Academia de Cinema dos Estados Unidos nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Vestiario. Gañou un premio honorífico pola calidade da maquillaxe (no 1969 non existía esta categoría nos premios Óscar). A maquillaxe supuxera o 17% do total dos orzamentos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]