O pobo da noite
Aparencia
O pobo da noite | |
---|---|
Título orixinal | O pobo da noite |
Autor/a | Manuel Rivas |
Cuberta | Miguel Vigo |
Orixe | Galiza |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | 1996 |
Formato | 13,40×21,00 |
Páxinas | 166 |
ISBN | ISBN 84-8302-039-4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pobo da noite é unha antoloxía poética, publicada por Manuel Rivas no ano 1996 coa Editorial Xerais, conxuntamente cun CD onde o autor recita 12 dos poemas que contén dita obra.
Características
[editar | editar a fonte]Consiste nunha selección realizada polo propio Rivas da poesía publicada por el entre os anos 1980 e 1995, acompañada pola música de César Morán. Concretamente, os poemas que podemos atopar nesta obra pertencen ás seguintes obras:
- Libro do Entroido (1980). O poema "Pra escarnho e mal dizer" foi Premio de Poesía Nova do Facho.
- Balada nas Praias do Oeste (1985)
- Mohicania (1986)
- Ningún cisne (1989). Premio Leliadoura.
- Costa da Morte Blues (1995)