O proceso de Artaud
O proceso de Artaud | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Ramiro Ledo |
Música | Urro |
Montaxe | Ramiro Ledo |
Estrea | 24 de xuño de 2010 |
Duración | 12 minutos |
Orixe | Galicia |
O proceso de Artaud é unha curtametraxe de Ramiro Ledo, estreada en 2010. Participou en diferentes ciclos e festivais, como o Amalgama (Barcelona), ZINEBI, Cineuropa, Culturgal ou Antofadocs.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha ficción sobre a expulsión de Antonin Artaud da Internacional Surrealista na reunión do 23 de novembro de 1926. O texto está baseado no documento Adhérer au parti communiste? Septembre - décembre 1926, anotado por Margueritte Bonnet como parte dos Archives du Surréalisme publiées sous l'égide d'Actual. Inclúe imaxes do filme mudo La Passion de Jeanne d'Arc (Carl Theodor Dreyer, 1928), no que participara o propio Artaud como actor.
O papel de Xoana de Arco, interpretado no filme de Dreyer por Maria Falconetti, pasa a ser o de Artaud, acusado de contrarrevolucionario. Na asemblea trátanse cuestións como a realidade da revolución comunista como toma de poder do proletariado ou o pensamento individual. No proceso participaron, amais do propio Artaud, André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Pierre Unik, Paul Guitard, Benjamin Péret, Jean Bernier e Marcel Fourrier.
A peza está adicada a Peter Weiss, e inclúe música do grupo pontevedrés Urro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pablo Cayuela e María do Cebreiro: "O tribunal da historia", artigo no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos, decembro 2010.