O tempo é ouro
O tempo é ouro é unha expresión metafórica coa que se expresa o enorme valor do tempo. A súa comparación co ouro, o metal máis valioso en tempos, indica unha asignación do seu valor e utilízase tamén para indicar a preferencia pola eficacia: dende esta perspectiva, as actividades levadas a cabo en menor tempo (indistintamente do esforzo maior ou menor) son preferibles. Por iso, esta sentenza é paralela a "non era sen tempo" ou "o bo, se breve, dúas veces bo".
Na actualidade, esta filosofía aplícase na xestión empresarial (sobre todo a produción) e na loxística occidentais, pero non é admitido universalmente: no Xapón considérase que as negociacións apresuradas son mal agoiro e no mundo musulmán prefírese o pracer da tertulia ou o desfrute do camiño antes có resultado final.