O tempora, o mores!
O tempora, o mores! é unha locución latina que significa, literalmente, Oh tempos!, oh costumes!. Esta frase pertence a Cicerón e aparece no "Actionis in C. Verrem Secundae"[1] e no "Oratio in L. Catilinam Prima"[2]. O orador, no seu discurso inaugural contra Catilina, deplora a crueldade e a corrupción dos homes da súa época en comparación a tempos pasados, onde os costumes e a moralidade non estaban tan corrompidos. Cicerón sentíase frustrado porque a pesar de todas as probas recompiladas en contra de Catilina, quen estivera conspirando en contra do senado romano dirixido por Cicerón, este aínda non fora executado.
Cicerón fai unha profunda descrición ao longo da historia de Roma, onde demostra que moitos cónsules mataron os seus conspiradores con moitas menos probas, como fora o caso do asasinato de Lucio Opimio a Caio Sempronio Graco, baseado unicamente en quasdam seditionum suspiciones (algunhas sospeitas de sedición).
Esta expresión é moi usada actualmente en numerosos artigos de prensa, onde ou ben se recordan os versos [3]. de Jorge Manrique no sentido de como, ao parecer de cadaquén, calquera tempo pasado foi mellor, ou ben se fai mención ao rápido cambio de costumes e usos co paso do tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O tempora, o mores! |
- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.