Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable en Galicia
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel, tamén chamados Axenda 2030, é unha serie de obxectivos asinados no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas que representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás.
Axenda 2030 en Galicia
[editar | editar a fonte]O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable que ten que ser alcanzado antes do ano 2030. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas foran obxecto de seguimento utilizando o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións Unidas, actualmente formado por 247 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten). Cos indicadores dispoñibles para Galicia e España ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística[1] pódese facer unha avaliación para a década 2010-2019 (ano previo á pandemia da Covid-19) segundo se recolle no seguinte recadro.
Indicadores de sostibilidade ambiental (IGE) | Galicia | España | Galicia | España |
---|---|---|---|---|
2010 | 2010 | final | final | |
Intensidade enerxética primaria (Ktep/Meur2010) (2019)[2] | 150,0 | 120,0 | 123,0 | 106,0 |
Emisións de gases invernadoiro por unidades de PIB (2019)[1] | 0,5 | 0,3 | 0,4 | 0,3 |
Emisións de gases invernadoiro por habitante (2019)[1] | 10,1 | 7,8 | 8,5 | 6,9 |
Emisións efecto invernadoiro (2019, 2010 = 100)[2] | 100,0 | 100,0 | 82,0 | 88,0 |
Viaxeiros no transporte urbano regular (2019) (% G/E)[2] | 2,1 | 100,0 | 3,5 | 100,0 |
Auga consumida nos fogares (litros/hab/día) (2018)[2] | 131,0 | 142,0 | 125,0 | 133,0 |
Consumo auga sectores económicos (2018, 2010=100)[2] | 100,0 | 100,0 | 130,0 | 93,0 |
Poboación en vivendas inaxeitadas (2020)[1] | 26,7 | 21,8 | 24,3 | 14,7 |
Residuos sólidos urbanos (RSU) (2018, 2010 = 100)[2] | 100,0 | 100,0 | 93,5 | 93,1 |
Porcentaxe de RSU incinerados (2018)[1] | 49,6 | 11,8 | 46,6 | 11,5 |
Porcentaxe de RSU reciclados (2018)[1] | 19,3 | 31,3 | 19,7 | 35,1 |
Emisións
[editar | editar a fonte]As emisións de gases de efecto invernadoiro -que están por tras do colapso climático- tanto en relación ao PIB, como por habitante ou en volume absoluto melloran, redúcense, en Galicia entre 2010 e 2019. Pero seguen por riba do conxunto de España nun 140 % e nun 124 % respectivamente. Téñase en conta que a referencia española media non é nada virtuosa. Referencia que tamén se supera na intensidade enerxética (consumo de enerxía por unidade de PIB). Polo lado da demanda o indicador de uso de transporte urbano colectivo fronte ao particular informa de que a cota galega no total español está moi por baixo da que ten en poboación (un 3,5 % fronte a un 5,7 %).
Residuos
[editar | editar a fonte]A cantidade de residuos xerados por persoa en Galicia está por baixo da media española e ten unha lixeira tendencia minguante. Neste caso a cualificación non é negativa. Non sucede o mesmo coa xestión dos residuos. Pois a cota de incineración é moi alta e a de reciclados moi baixa respecto do que sucede no conxunto de España. Hai unha estrutura inversa na xestión dos residuos. E hai que lembrar que o ambientalmente máis sustentable é a reciclaxe fronte á incineración.
Auga
[editar | editar a fonte]Nos indicadores relativos á subministración das augas Galicia acada un aprobado: un é positivo e outro negativo. É positivo o indicador de auga consumida ao día nos fogares, pois é minguante e segue a estar por baixo da cifra media española. É negativo o indicador que cuantifica a evolución dos consumos de auga non domésticos. Consumos que se reducen algo no conxunto de España mentres que en Galicia medran un trinta por cento.
Nas emisións contaminantes á atmosfera Galicia, sempre verbo do conxunto de España, ten un suspenso absoluto. Na xestión dos residuos un claro suspenso. E só no consumo de auga acada un aprobado raspado. Nestas tres dimensións ambientais a cualificación global de Galicia da derradeira década de crecemento económico é claramente desfavorable. Trátase da década 2010-2019: dende a post-crise do 2008 ao ano previo á crise do Covid.