Saltar ao contido

Oirós, Vila de Cruces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oirós»)
Oirós
Igrexa de Santa María de Oirós.
ConcelloVila de Cruces[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′42″N 8°11′31″O / 42.76167565, -8.19202089
Poboación130 hab. (2013)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Oirós é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2013 tiña 130 habitantes (67 mulleres e 63 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.

Nesta parroquia naceu o escritor Eduardo Aurelio Cacheda Vigide.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia sitúase na caída do Monte do Carrio cara ao río Deza.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Campo de mámoas de Oirós: vinte túmulos funerarios distribuídos nunha chaira de varias hectáreas, entre a laidera norte do Carrio e o monte baixo do Camballón, preto da estrada que une a capital do concello con Lalín.

A partir do século XI, hai varias referencias documentais ao convento de Auriolos, dependente do de Piloño, pero non hai pegadas sobre a súa situación.

A igrexa de Santa María de Oirós é románica, pero quedan poucos restos da fábrica orixinal, só unha fiestra no testeiro e un arco triunfal sobre columnas ás que lles foron mutilados os capiteis. Ten unha cruz procesional de 1589 labrada polo prateiro compostelán Rodrigo de Paradiñas. No interior do templo hai un arcosolio co sepulcro do comisario do Santo Oficio Lope Barela, morto en 1610, que doou a súa casa, hoxe reitoral (que conserva o seu escudo) a cambio de que lle permitiran facer este sepulcro e a capela que o alberga.

Hai outra capela que pertenceu á desaparecida casa de Pedroso, da que era o escudeiro Antón Sánchez de Oirós, nome que parece coincidir co de Antón Deza que figura entre os contendentes do Passo Honroso da ponte Orbigo, en xaneiro de 1434.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Oirós

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Oirós no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

Carvalente | Cascacheda | A Cascalleira | A Corredoira | Eirexe | Gondorón | Pazos | Pedroso | A Penela | Picos | Os Seixos | Souto

Parroquias de Vila de Cruces

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]