Saltar ao contido

Merza, Vila de Cruces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Merza
Igrexa de Santa María de Merza.
ConcelloVila de Cruces[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°46′10″N 8°15′35″O / 42.76950743, -8.25958527
Poboación403 hab. (2014)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Merza é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2014 tiña 403 habitantes (199 homes e 204 mulleres), 121 menos ca en 2004 (272 homes e 252 mulleres) e 146 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río Toxa crea, antes de desembocar no río Deza, unha das fervenzas máis importantes de Galicia, a fervenza do Toxa. Á beira deste río atópase o mosteiro de Carboeiro, considerado un dos mellores expoñentes do románico galego. Aínda que tanto a fervenza coma o mosteiro pertencen aos termos do concello de Silleda, existe unha ruta de sendeirismo por esta parroquia que une ambas as localizacións.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial conserva elementos da primitiva fábrica románica, da segunda metade do século XII. A ábsida semicircular, dividida ao exterior en tres partes por dúas semicolumnas apoiadas, cunha fiestra seteira no central; a arquivolta tórica en semicírculo peraltado da porta principal; o arco triunfal, a bóveda de canón e algúns canzorros.

O seu pasado fidalgo queda reflectido no Pazo da Torre, con escudo, chemineas e contorno arborado; na casa dos Villar-Somoza, do século XVIII; e nas de Caxide (no Outeiro) e Parceiro (en Sulago).

A Banda Artística de Merza, fundada en 1828, é a agrupación popular máis antiga de Galicia e está considerada como unha das mellores bandas de música de España tras gañar o "Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Altea" dúas veces.

A praia fluvial da Carixa coa súa ponte inacabada de 1928.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Merza

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Merza no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

A do Breixa | Carrás | Espil | A Moa | O Outeiro | Paradela | Reboredo | Silvares | Sulago | Valboa

Parroquias de Vila de Cruces

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]