Olaus Magnus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Olof Månsson outubro de 1490 Linköping Cathedral Congregation, Suecia (en) |
Morte | 1 de agosto de 1557 (66 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Roma |
Roman Catholic archbishop of Uppsala (en) | |
4 de xuño de 1544 – 1 de agosto de 1557 ← Johannes Magnus (pt) – Supresión do cargo → Diocese: Roman Catholic Archdiocese of Uppsala (en) | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Suecos |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Rostock (1520–) |
Actividade | |
Ocupación | cartógrafo, antropólogo, bispo católico, sacerdote católico latino, diplomático, historiador, escritor |
Familia | |
Irmáns | Johannes Magnus |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Olaus Magnus) Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Olaus Magnus, nado en outubro de 1490 en Skeninge (Östergötland, Suecia) e finado o 1 de agosto de 1557 en Roma, foi un escritor e eclesiástico sueco.
Naceu no lugar de Skeninge, e era irmán de Johannes Magnus, o derradeiro arcebispo católico de Suecia. Estudou en Rostock, foi cóengo en Uppsala e Linköping e arquicóengo de Strängnäs. Foi enviado en misión a Roma en 1524 por Gustavo I para obter a ordenación do seu irmán como arcebispo de Uppsala, mais o triunfo da Reforma en Suecia mantívoo no exilio, e as propiedades da súa familia foron confiscadas.
Primeiro residiu en Danzing, onde coñeceu ao portugués Damião de Góis, de onde tirou os seus coñecementos dos territorios orientais. Instalouse en Roma en 1537 actuando como secretario de seu irmán e, en 1544 á morte deste, o papa Paulo III nomeouno o seu sucesor no arcebispado de Uppsala, título honorífico por non ser Suecia xa país católico.
Participou no Concilio de Trento (1545-1549). Pasou os seus últimos anos no mosteiro de Santa Bríxida en Roma.
A súa obra principal foi Historia de Gentibus Septentrionalibus, editada en 1555 en Roma, unha obra en 22 libros sobre a xeografía, tradicións, costumes, asuntos eclesiásticos e xurídicos dos pobos escandinavos.
Tamén é autor da Carta marina (1539), o máis antigo mapa dos países nórdicos que da detalles e nomes de lugares.