Olaya Pazo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1983 (41 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | xogadora de voleibol praia |
Deporte | Volei de praia |
Participou en | |
2016 | Voleibol de praia nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2015 | Campeonato Mundial de Voleibol de Praia de 2015 (pt) |
Olaya Pérez Pazo, nada en Caracas o 7 de xuño de 1983, é unha xogadora de voleibol e voleibol praia galego-venezolana. Competiu nos Xogos Olímpicos de 2016.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Caracas, sendo filla dunha parella de emigrantes galegos con orixe en Canaval, Sober.[1] Seu pai Francisco fora futbolista en Galicia e xogou nas categorías inferiores do Celta de Vigo e no Arenteiro, ata que unha lesión o fixo abandonar o fútbol e emigrar a Venezuela.[2]
Xunto á súa irmá xemelga Rebeca, estudou nos Estados Unidos, onde formou parte dos equipos de voleibol da Universidade de Texas en Arlington e da Universidade Rice. En 2006 instalouse en Monforte, onde xogou durante dúas tempadas co AD A Pinguela, e na tempada 2008/09 militou no Club Voleibol Albacete.[3]
Posteriormente pasou a competir en voleibol praia e formou parella coa viguesa Alejandra Simón, coa que disputou a Liga Mundial e coa que se proclamou campioa de España en 2010.[4] Representou a Venezuela nos Xogos Olímpicos de 2016, formando parella con Norisbeth Agudo, pero sen conseguir meterse na fase eliminatoria, despois de obter unha vitoria e dúas derrotas no seu grupo e de perder a repesca contra a parella alemá Büthe-Borger.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las hermanas Pazo reforzarán A Pinguela la próxima campaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 2 de xullo de 2006. p. L13.
- ↑ "Tándem gallego camino de Londres". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 2010. Consultado o 23 de setembro de 2021.
- ↑ "Traxectoria de Olaya Pazo". volleybox.net (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2021.
- ↑ Antelo, Iván (12 de xullo de 2010). "La pareja gallega Simón-Pazo, nueva campeona de España". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021.
- ↑ "Voleibol praia nos Xogos Olímpicos de 2016". rio2016.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2016. Consultado o 23 de setembro de 2021.