Olimpio Liste Naveira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1899 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 16 de outubro de 1986 ![]() Ventosa, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Olimpio Liste Regueiro ![]() |
Irmáns | José Liste Naveira ![]() |
Olimpio Liste Naveira, nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1899[1] e finado en Ventosa (Agolada) o 16 de outubro de 1986,[2] foi un mestre, inspector e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os estudos de mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela rematándoos en 1919.[3] En 1934 era presidente da sección de Información, Prensa e Propaganda da Casa del Maestro de Pontevedra. Foi inspector de ensino primario da provincia de Pontevedra e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desempeñou o posto de sarxento da Guardia Cívica mandada por Víctor Lis Quibén e foi secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio dende marzo de 1937.[4] Foi presidente da Asociación de Maestros Católicos. Formou parte do grupo que visitou Italia en 1938 para estudar o modelo educativo do goberno fascista de Mussolini. Foi inspector xefe de educación de Pontevedra e director do Boletín de Educación. Foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e xefe de centuria nas milicias da organización, e concelleiro de Pontevedra.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes Regueiro Ramos e foi pai de Olimpio Liste Regueiro. Casou en segundas nupcias con Cesarina Coego García.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 30dataacceso=.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-10-1986, p. 57.
- ↑ El Correo de Galicia, 12-6-1919, p. 2.
- ↑ Depuración no maxisterio
- ↑ Comisión depuradora do maxisterio (1)