Olympia Larissa B.C.
G.S. Olympia Larisas | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Ολύμπια Λάρισας |
Liga | ESKA A1 |
Fundación | 1979 |
Cores | Laranxa, azul |
Presidente | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Neapolis Arenal |
Capacidade | 4.000 |
Inauguración | 1995 |
O G.S. Olympia Larissa B.C. (en grego Ολύμπια Λάρισας, ás veces Olympia Larisas) é un club de baloncesto da cidade de Larissa (Grecia) que compite na cuarta categoría grega. O nome completo do club é Gymnastikos Syllogos Olympia Larissa Basketball Club e foi fundado en 1979, sendo un dos clubs deportivos máis novos de Grecia. As súas cores son o verde e o laranxa e xoga os seus partidos como local no Larissa Neapolis Arena, pavillón cunha capacidade para 4.000 espectadores. No 2009 fusionouse co AEL 1964.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1979. Tralo seu paso pola A2 Ethniki nos anos 90, conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki, categoría na que na tempada 2006-07 logrou clasificarse para os play-offs polo título ao clasificarse no 7º posto na liga regular con xogadores como o antigo xogador da Universidade de Florida Matt Walsh]] ou os elixidos na 2ª rolda do Draft da NBA do 2007 Giorgos Printezis e Giorgos Tsiaras. Ao ano seguinte clasificouse novamente para o play-off ao clasificarse no 8º posto da liga regular.
No 2008 disputou por primeira vez unha competición internacional, a EuroChallenge, acadando o Top 16. Esa mesma tempada conseguiu chegar aos cuartos de final da Copa de Grecia. No 2009 fusionouse co AEL 1964.