EuroChallenge
Tipo | competição de basquetebol (pt) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | FIBA Europa ![]() |
Liga inferior | Cyprus Basketball Division 1 (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 32 ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2003 – 2015 ![]() |
Calendario da tempada | outubro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | fibaeurope.com… ![]() |
O EuroChallenge (chamada FIBA Europe League entre 2003 e 2005, e FIBA EuroCup entre 2005 e 2008) foi unha competición de baloncesto organizada pola FIBA Europa, sendo a máxima competición masculina que organiza. Nesta competición xogaban os mellores equipos de Europa que non se clasificaron para a Euroliga ou a Copa ULEB, isto é as competicións da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Non debe confundirse coa FIBA EuroCup Challenge, a extinta segunda competición organizada pola FIBA Europa disputada entre o 2002 e o 2007. No ano 2015, a FIBA disolveu a competición para empezar unha nova, a FIBA Europe Cup, co obxectivo de competir coa Eurocup.
Historia
[editar | editar a fonte]Co propósito de dar continuidade á histórica Copa de Europa, disputada por última vez co nome de Suproliga na tempada 2000-01, o torneo naceu na tempada 2003-04 coa denominación de Liga Europea da FIBA.
Ao consolidarse a Euroliga como máxima competición continental, en novembro de 2004 a FIBA chegou a un acordo coa organización que representa aos equipos escindidos na tempada 2000-01 para recoñecela como sucesora da Copa de Europa e, á súa vez, renomear á súa Liga Europea como Eurocopa de cara á seguinte tempada, converténdose así na terceira competición en importancia no ámbito dos clubs europeos.
O trofeo que se lle entrega ao equipo campión é o mesmo que se empregaba para tal efecto durante a etapa da Copa de Europa. O Maccabi Tel Aviv gravou o seu nome na placa situada na base que acompaña ao trofeo ao gañar a Suproliga no 2001.
Sistema de Competición
[editar | editar a fonte]A competición organizábase do seguinte xeito:
- Unha primeira fase, na que participan 32 equipos, que se distribúen en oito grupos de catro cada un. Xógase a xeito de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontan entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un avanzan á seguinte fase.
- Unha segunda fase de 16 equipos, distribuídos en catro grupos de catro equipos. O sistema de competición é o mesmo da fase anterior e tamén se clasifican os dous primeiros.
- Un play off de cuartos de final ao mellor de tres partidos.
- Unha Final Four ou final a catro. Dispútanse dúas semifinais a partido único, cuxos vencedores se encontran na final. O vencedor deste último partido álzase co título de campión da competición.
Final Fours
[editar | editar a fonte]Ano | Final | Semifinalistas | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Campión | Marcador | Subcampión | Terceiro posto | Marcador | Cuarto posto | |||
2003–04 | ![]() UNICS |
87–63 | ![]() Maroussi |
![]() Hapoel Tel Aviv |
112–104 | ![]() Ural Great Perm | ||
2004–05 | ![]() Dinamo San Petersburgo |
85–74 | ![]() Kyiv |
![]() Khimki |
86–79 | ![]() Fenerbahçe | ||
2005–06 | ![]() Joventut Badalona |
88–63 | ![]() Khimki |
![]() Kyiv |
83–81 | ![]() Dinamo San Petersburgo | ||
2006–07 | ![]() Girona |
79–72 | ![]() Azovmash |
![]() Virtus Bologna |
82–60 | ![]() Estudiantes | ||
2007–08 | ![]() Barons LMT |
63–62 | ![]() Mons-Hainaut |
![]() AEL |
79–70 | ![]() Tartu Ülikool | ||
2008–09 | ![]() Virtus Bologna |
77–75 | ![]() Cholet |
![]() Triumph Lyubertsy |
94–82 | ![]() AEL | ||
2009–10 | ![]() Göttingen |
83–75 | ![]() Krasnye Krylia |
![]() Chorale Roanne |
86–80 | ![]() Victoria Libertas | ||
2010–11 | ![]() Krka |
83–77 | ![]() Lokomotiv Kuban |
![]() Oostende |
94–92 | ![]() Spartak San Petersburgo | ||
2011–12 | ![]() Beşiktaş |
91–86 | ![]() Élan Chalon |
![]() Triumph Lyubertsy |
94–87 | ![]() Szolnoki Olaj | ||
2012–13 | ![]() Krasnye Krylia |
77–76 | ![]() Karşıyaka |
![]() Oldenburg |
84–76 | ![]() Gravelines | ||
2013–14 | ![]() Reggio Emilia |
79–65 | ![]() Triumph Lyubertsy |
![]() Gaziantep |
87–75 (OT) | ![]() Szolnoki Olaj | ||
2014–15 | ![]() Nanterre |
64–63 | ![]() Trabzonspor |
![]() Energia Târgu Jiu |
83–80 | ![]() Skyliners Frankfurt |
Final Four MVP
[editar | editar a fonte]- 2003-04:
Martin Müürsepp
- 2004-05:
Kelly McCarty
- 2005-06:
Rudy Fernández
- 2006-07:
Arriel McDonald
- 2007-08:
Giedrius Gustas
- 2008-09:
Keith Langford
- 2009-10:
Taylor Rochestie
- 2010-11:
Goran Ikonić
- 2011-12:
Pops Mensah-Bonsu
- 2012-13:
Chester Simmons
- 2013-14:
Andrea Cinciarini
- 2014-15:
Jamal Shuler
Palmarés
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]Equipo | Título | Ano |
---|---|---|
![]() |
1 | 2003-04 |
![]() |
1 | 2004-05 |
![]() |
1 | 2005-06 |
![]() |
1 | 2006-07 |
![]() |
1 | 2007-08 |
![]() |
1 | 2008-09 |
![]() |
1 | 2009-10 |
![]() |
1 | 2010-11 |
![]() |
1 | 2011-12 |
![]() |
1 | 2012-13 |
![]() |
1 | 2013-14 |
![]() |
1 | 2014-15 |
Adestradores
[editar | editar a fonte]Adestrador | Títulos | Anos |
---|---|---|
![]() |
1 | 2003-04 |
![]() |
1 | 2004-05 |
![]() |
1 | 2005-06 |
![]() |
1 | 2006-07 |
![]() |
1 | 2007-08 |
![]() |
1 | 2008-09 |
![]() |
1 | 2009-10 |
![]() |
1 | 2010-11 |
![]() |
1 | 2011-12 |
![]() |
1 | 2012-13 |
![]() |
1 | 2013-14 |
![]() |
1 | 2014-15 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns
[editar | editar a fonte]- FIBA (Web Oficial) Arquivado 04 de novembro de 1996 en Wayback Machine.
- FIBA Europa (Web Oficial)