EWE Baskets Oldenburg
EWE Baskets Oldenburg | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 1954 |
Historia | Oldenburger TB (1954−2001) |
Cores | Azul, amarelo |
Presidente | Hermann Schüller |
Adestrador | Pedro Calles |
Patrocinador | EWE AG |
Localización | |
Cidade | Oldenburg, Alemaña |
Pavillón | Große EWE Arena |
Capacidade | 6 069 |
Inauguración | 20 de abril de 2013 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2009) |
Copa | 1 (2015) |
Supercopa | 1 (2009) |
ewe-baskets.de |
O EWE Baskets Oldenburg é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Oldenburg, Baixa Saxonia. Fundado en 1954 co nome de Oldenburger TB, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, e na Eurocup. Xoga os seus partidos no EWE Arena, pavillón con capacidade para 6.069 espectadores.[1] O seu nome deriva do seu principal patrocinador: EWE AG.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1954 como unha sección do club Oldenburger TB. No ano 2001 a sección separouse formando un novo club chamado EWE Baskets Oldenburg, mentres que o antigo Oldenburger TB pasou a ser o sistema de formación e canteira do equipo. O primeiro éxito chegou na temporada 2007−08. O equipo, após finalizar no quinto lugar da liga regular, chegou ata as semifinais do campionato nos play-offs, sendo derrotados polo Alba Berlín, que posteriormente acabaron por proclamarse campións.[2] Con todo, a culminación chegou o ano seguinte. O club finalizou na terceira posición a fase regular, e conseguiron chegar á final das eliminatorias polo título onde venceron ao Telekom Baskets Bonn no quinto e definitivo encontro e conseguiron a súa primeira Bundesliga.[3] Alén diso, a nivel europeo, o equipo consegue acadar o terceiro posto no EuroChallenge após perder nas semifinais da Final Four ante o Pınar Karşıyaka e vencer na loita polo terceiro posto ao BCM Gravelines.
O éxito atinxido en Liga en 2009 outorgou ao EWE Baskets o dereito á xogar a Euroliga 2009−10, aínda que finalizaron no último lugar do seu grupo cunha soa vitoria (81−87 ante o Asseco Prokom Gdynia no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia na primeira xornada). Na temporada 2012−13 o equipo acaba en segundo lugar na liga regular, chegando nas eliminatorias polo título até a final. Porén, perden por 3−0 ante o Brose Baskets. A pesar de non gañar o título, o equipo volve a gañar o dereito de participar nas rolda clasficatoria para xogar na Euroliga 2013−14. Na primeira rolda conseguen eliminar ao Cimberio Varese (74−79), mais na segunda e penúltima rolda clasficatoria caen ante o Lietuvos rytas (87−99). O seguinte éxto chega na temporada 2014−15, cando o equipo consegue o título da Copa de Alemaña, na cal exercían como equipo anfitrión. No torneo venceron en semifinais ao Telekom Baskets Bonn (71−77) e veneron na final ao Brose Baskets (70−72). Na temporada 2016−17 o equipo debuta na Basketball Champions League e volve xogar unha final de Liga, perdendo de novo na final por 3−0 ante o Brose Baskets.
Temporadas
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
2001–02 | 1 | BBL | 12º | Subcampión | |||
2002–03 | 1 | BBL | 6º | ||||
2003–04 | 1 | BBL | 5º | ||||
2004–05 | 1 | BBL | 7º | ||||
2005–06 | 1 | BBL | 8º | ||||
2006–07 | 1 | BBL | 9º | ||||
2007–08 | 1 | BBL | 3º | ||||
2008–09 | 1 | BBL | 1º | 3 EuroChallenge | T16 | 10–1–5 | |
2009–10 | 1 | BBL | 5º | Cuartos de final | 1 Euroliga | LR | 1–9 |
2010–11 | 1 | BBL | 6º | Cuartos de final | 2 Eurocup | LR | 1–5 |
2011–12 | 1 | BBL | 10º | Cuartos de final | 3 EuroChallenge | T16 | 9–3 |
2012–13 | 1 | BBL | 2º | Cuartos de final | 3 EuroChallenge | 3º | 14–3 |
2013–14 | 1 | BBL | 3º | Cuartos de final | 1 Euroliga | RC2 | 1–1 |
2 Eurocup | LR | 5–5 | |||||
2014–15 | 1 | BBL | 7º | Campión | 2 Eurocup | LR | 4–6 |
2015–16 | 1 | BBL | 5º | Cuartos de final | 2 Eurocup | OF | 8–8 |
2016–17 | 1 | BBL | 2º | 3 Champions League | OF | 11–1-6 | |
2017–18 | 1 | BBL | 7º | 3 Champions League | R16 | 10–6 | |
2018–19 | 1 | BBL | 3º | Oitavos de final | |||
2019–20 | 1 | BBL | 4º | Subcampión | 2 Eurocup | T16 | 8–8 |
2020–21 | 1 | BBL | 5º | Fase de grupos | |||
2021–22 | 1 | BBL | 11º | Oitavos de final | 3 Champions League | LR | 1–5 |
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campión (1): 2009
- Subcampión (2): 2013, 2017
- Campión (1): 2015
- Subcampión (2): 2002, 2020
Supercopa de Alemaña
- Campión (1): 2009
- Subcampión (2): 2015
Xogadores
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados | ||||
Nº | Nac. | Xogador | Posición | Etapa |
6 | Daniel Strauch | P | 2003–2010 | |
8 | Pavel Bečka | AP | 1995–2004, 2006 | |
14 | Tyron McCoy | E | 2001–2007 |
Destacados
[editar | editar a fonte]- Andre Bade
- Steven Hutchinson
- Daniel Strauch
- Elvir Ovčina
- Aron Baynes
- Ruben Boumtje-Boumtje
- Klemen Prepelič
- Bryan Bailey
- Carl Brown
- Josh Carter
- Terrel Castle
- Bill Edwards
- D'or Fischer
- Je'Kel Foster
- Jason Gardner
- Anthony Grundy
- Dan Grunfeld
- Chris Kramer
- Tyron McCoy
- Rickey Paulding
- Desmond Penigar
- Doron Perkins
- Bobby Brown
- Julius Jenkins
- Kristaps Valters
- Pavel Bečka
- Felipe López
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ eurobasket.com EWE Baskets Oldenburg - team details, stats, news, roster, consultado en Agosto de 2009
- ↑ "BBL: Season 2007-2008". eurobasket.com. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ "BBL: Season 2008-2009". eurobasket.com. Consultado o 17 de outubro de 2018.