Telekom Baskets Bonn
Telekom Baskets Bonn | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL / BCL |
Alcume | Baskets |
Fundación | 1992 |
Historia | BG Bonn 92 (1992−1995) |
Cores | Maxenta, branco, negro |
Presidente | Wolfgang Wiedlich |
Adestrador | Tuomas Iisalo |
Patrocinador | Deutsche Telekom |
Localización | |
Cidade | Bonn, Alemaña |
Pavillón | Telekom Dome |
Capacidade | 6 000 |
Inauguración | 11 de xuño de 2008 |
telekom-baskets-bonn.de |
O Telekom Baskets Bonn, tamén coñecido como Baskets Bonn, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Bonn (Renania do Norte-Westfalia). O club foi fundado en 1992, e actualmente compite na Basketball Bundesliga (BBL), máxima categoría do baloncesto xermano. O principal patrocinador do club é Deutsche Telekom, unha das máis importantes compañías de telefonía e Internet alemás, a cal tamén vende teléfonos móbiles nos Estados Unidos. O equipo xoga os seus partidos como local no Telekom Dome, recinto inaugurado en 2008 con capacidade para 6.000 espectadores. Aínda que o club non gañou ningún título destacábel, chegou a xogar até cinco veces a final da BBL (1997, 1999, 2001, 2008 e 2009).
Historia
[editar | editar a fonte]O Telekom Baskets Bonn foi fundado no ano 1992 coa fusión dos clubs Godesberger Turnverein 1888 eV e SC Fortuna Bonn fusionáronse. O Godesberger TV fora fundado en 1970, en canto o SC Fortuna Bonn en 1973. O Godesberger TV conseguira o ascenso á Basketball Bundesliga en 1990. Porén, Un ano despois, o club descendeu e os problemas económicos asociados conduciron á fusión dos dous clubs nomeados. O nome escollido para o novo equipo foi o de BG Bonn 92. Ao ano seguinte, o club mudou de nome a Post SV Bonn e en 1995 a Telekom Baskets Bonn, patrocinado pola compañía alemá de telecomunicacións Deutsche Telekom.
En abril de 1995 o Telekom Baskets Bonn declarou o seu obxectivo de ser ascender á Bundesliga en 1997. Porén, xa na tempada 1995−96 o equipo terminou a segunda división invicto e ascendeu á principal liga de baloncesto de Alemaña. Na BBL o Baskets estabeleceuse de inmediato, destcando o apoio dos seareiros no novo pavillón Hardtberghalle. Na súa primeira temporada, o Baskets chegou ás Finais da liga. Con todo, perderon 1−3 contra o Alba Berlín. Nos anos seguintes e até a temporada 2004−05, o equipo sempre disputou as eliminatorias polo título. Na propia temporada 2005, o Baskets terminau a tempada regular no noveno posto, o que provocou que o entón o adestrador Predrag Krunić fose despedido. Nesta época, entre 1998 e 2002, cómpre destacar o acordo de cooperación do club co SG Sechtem.
En 2005 chega o equipo un novo adestrador, o ex-capitán da selección alemá Michael Koch. Con el o equipo volve chegar ás finais da liga en dúas ocasións. A primeira foi na temporada 2007−08. Nese ano o equipo acaba en sétimo lugar na liga regular, mais nos play-offs son capaces de eliminar con desvantaxe de campo ao Artland Dragons Quakenbrück, que acabaran en segundo lugar, e ao Skyliners Frankfurt, que acabaran sextos. Xa na final perden contra os campións da liga regular, o Alba Berlin, de novo por 1−3. Na seguinte temporada o equipo acaba en cuarto lugar en liga. Nos play-offs eliminan en cuartos ao ratiopharm Ulm (3−0) e en semifinais ao seus verdugos do Alba Berlín, que acabaran primeiros, por un axustado 2−3. Porén, de novo caen nas finais, esta vez ante o EWE Baskets Oldenburg. A final decidiuse nun axustado quinto partido onde perderon por 70−71. Na etapa Koch o equipo disputa ademais dúas finais de Copa (2009 e 2012), ambas saldadas con derrotas.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Posición | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1992–93 | 2 | 2. BBL | 7º | |||
1993–94 | 2 | 2. BBL | 5º | |||
1994–95 | 2 | 2. BBL | 7º | |||
1995–96 | 2 | 2. BBL | 1º | |||
1996–97 | 1 | Bundesliga | 2º | Semifinais | ||
1997–98 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Copa Korać | FG | |
1998–99 | 1 | Bundesliga | 2º | 3 Copa Korać | R32 | |
1999–00 | 1 | Bundesliga | 4º | 3 Copa Korać | R32 | |
2000–01 | 1 | Bundesliga | 2º | 2 Copa Saporta | CF | |
2001–02 | 1 | Bundesliga | 4º | 2 Copa Saporta | CF | |
2002–03 | 1 | Bundesliga | 3º | Cuarto lugar | 2 ULEB Cup | LR |
2003–04 | 1 | Bundesliga | 4º | 2 ULEB Cup | LR | |
2004–05 | 1 | Bundesliga | 9º | Subcampión | 2 ULEB Cup | LR |
2005–06 | 1 | Bundesliga | 7º | 3 FIBA EuroCup | LR | |
2006–07 | 1 | Bundesliga | 7º | |||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 2º | |||
2008–09 | 1 | Bundesliga | 2º | Subcampión | 3 EuroChallenge | CF |
2009–10 | 1 | Bundesliga | 8º | Cuartos de final | 2 Eurocup | LR |
2010–11 | 1 | Bundesliga | 13º | 3 EuroChallenge | LR | |
2011–12 | 1 | Bundesliga | 8º | Subcampión | 3 EuroChallenge | T16 |
2012–13 | 1 | Bundesliga | 7º | 3 EuroChallenge | CF | |
2013–14 | 1 | Bundesliga | 6º | Cuartos de final | ||
2014–15 | 1 | Bundesliga | 5º | Cuarto lugar | 2 Eurocup | LR |
2015–16 | 1 | Bundesliga | 11º | 2 Eurocup | LR | |
2016–17 | 1 | Bundesliga | 7º | Cuartos de final | 4 FIBA Europe Cup | SF |
2017–18 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Champions League | LR | |
2018–19 | 1 | Bundesliga | 7º | Semifinalista | 3 Champions League | LR |
2019–20 | 1 | Bundesliga | 15º | Cuartos de final | 3 Champions League | CC |
2020–21 | 1 | Bundesliga | 13º | Fase de grupos |
Pavillóns
[editar | editar a fonte]O Telekom Baskets Bonn ten xogado como local nos seguintes pavillóns:[1]
- Sportpark Pennenfeld (1995–1996, 700 espectadores)
- Hardtberghalle (1996–2008, 3.500 espectadores)
- Telekom Dome (2008−presente, 6.000 espectadores)
Títulos
[editar | editar a fonte]Aínda que o club non conseguiu gañar ningún título, participou en múltiples finais de competicións.
- Subcampións (5): 1997, 1999, 2001, 2008, 2009
Copa de Alemaña
- Subcampións (3): 2005, 2009, 2012
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Hurl Beechum
- Gunther Behnke
- Steven Hutchinson
- Alex King
- Konstantin Klein
- Branko Klepač
- Bernd Kruel
- Dirk Mädrich
- Andrej Mangold
- Tim Ohlbrecht
- Klaus Perwas
- Drazan Tomic
- Siniša Kelečević
- Tadas Klimavičius
- Benas Veikalas
- Aleksandar Nađfeji
- Paul Burke
- Jason Conley
- Chris Ensminger
- Winsome Frazier
- Tony Gaffney
- Julian Gamble
- Altron Jackson
- Jared Jordan
- Arvid Kramer
- Eugene Lawrence
- Jamel McLean
- Derrick Phelps
- Terrence Rencher
- Eric Taylor
Adestradores
[editar | editar a fonte]- John Ecker (1993–1995)
- Bruno Socé (1995–2001)
- Predrag Krunić (2001–2005)
- Danijel Jusup (2005)
- Michael Koch (2005–2013)
- Mathias Fischer (2013–2015)
- Carsten Pohl (2015–2016)
- Silvano Poropat (2016)
- Predrag Krunić (2016–2019)
- Chris O'Shea (2019)
- Thomas Päch (2019–2020)
- Will Voigt (2020)
- Igor Jovović (2020–2021)
- Will Voigt (2021)
- Tuomas Iisalo (2021−presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wiedlich, Wolfgang (18 de setembro de 2018). "Frank Piontek geht von Bord". telekom-baskets-bonn.de (en alemán).