Élan Chalon
Élan Chalon | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Élan sportif chalonnais |
Liga | Pro A |
Fundación | 1955 |
Cores | Vermello, branco, prata |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Le Colisée |
Capacidade | 4.540 |
Inauguración | 2001 |
Campionatos | |
Liga | 2 (2012, 2017) |
Copa | 2 (2011, 2012) |
elanchalon.com |
O Élan sportif chalonnais, máis coñecido como Élan Chalon, é un equipo profesional de baloncesto de Francia da cidade de Chalon-sur-Saône. O equipo disputa os seus partidos como local no Le Colisée. Actualmente compite na Ligue Nationale de Basketball Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado orixinalmente en 1955, após a fusión do Association Sportive Chalonnaise e o Élan de Saint-Jean des Vignes. En 1970, fusionouse tamén co equipo de fútbol Bourgneuf Val d'Or Mercurey. En 1994, converteuse en equipo profesional. O seu primeiro grande éxito chegou na temporada 2011−12 cando conseguen gañar o título de Liga. O equipo finalizara a liga en segunda posición tras o Gravelines-Dunkerque, cun balance de 23 vitorias e 7 derrotas (o Gravelines finalizara con tan só tres derrotas). Nos play-offs polo título eliminaron na primeira fase ao Chorale Roanne, mentres que o Gravelines caía ante o Cholet, oitavo clasificado en liga regular. En semifinais conseguiron vencer ao Orléans Loiret, agardando na final o Le Mans, que en Liga acabara en cuarto lugar. Na final, que se disputaba a partido único, o Chalon consegue vencer por 95−76 no Pavillón de Paris-Bercy. Neste partido destacou a actuación de Billy Ouattara e Clint Capela, con 24 e 22 puntos respectivamente. O título de Liga permitiu ao equipo debutar na Euroliga na temporada 2012–13, aínda que foron eliminados na liga regular con 3 vitorias por 7 derrotas.[1] En 2016 o equipo chegou á Final Four da FIBA Europe Cup, a cal foi celebrada en Le Colisée de Chalon, con todo, o equipo acaba en terceiro lugar. En 2017 o equipo repite éxito, chegando ademais esta vez á final, con todo perden ante o Nanterre 92. En liga a situación sería moito mellor e o equipo consegue gañar o seu segundo título após vencer ao SIG Strasbourg por 3–2 nas finais.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Leaders Cup | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2006–07 | 1 | Pro A | 3º | Cuartos de final | Cuartos de final | ||
2007–08 | 1 | Pro A | 9º | Rolda de 16 | 2 ULEB Cup | R32 | |
2008–09 | 1 | Pro A | 7º | Rolda de 16 | |||
2009–10 | 1 | Pro A | 12º | Cuartos de final | 3 EuroChallenge | L16 | |
2010–11 | 1 | Pro A | 5º | Campión | Subcampión | ||
2011–12 | 1 | Pro A | 2º | Campión | Campión | 3 EuroChallenge | 2º |
2012–13 | 1 | Pro A | 4º | Rolda de 32 | Cuartos de final | 1 Euroliga | LR |
2013–14 | 1 | Pro A | 8º | Rolda de 32 | 2 Eurocup | LR | |
2014–15 | 1 | Pro A | 8º | Oitavos de final | |||
2015–16 | 1 | Pro A | 5º | Oitavos de final | Subcampión | 3 FIBA Europe Cup | 3º |
2016–17 | 1 | Pro A | 2º | Semifinais | Cuartos de final | 4 FIBA Europe Cup | 2º |
2017–18 | 1 | Pro A | 12º | Oitavos de final | 3 Championns League | LR |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]David Michineau
Mamoutou Diarra
Stéphane Ostrowski
Steed Tchicamboud
Ilian Evtimov
Clint Capela
Thabo Sefolosha
Rimas Kurtinaitis
Slobodan Šljivančanin
Daniel Lee
Zaza Enden
Uri Cohen-Mintz
A.J. Slaughter
Alade Aminu
Jérémy Nzeulie
Garth Joseph
Trevor Harvey
Rowan Barrett
John Best
Keith Gatlin
Udonis Haslem
Will McDonald
Tracy Murray
Charles Pittman
Malcolm Delaney
Blake Schilb
Marcus Denmon
Shelden Williams
Shawnta Rogers
Devin Booker
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (2): 2012, 2017
- Campións (2): 2011, 2012
Semaine des As
- Campións (1): 2012
- Subcampións (2): 2011, 2016
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elan Chalon-Sur-Saone". euroleague.net (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial
- Datos do club en Euroleague.net
- Datos do club en Eurobasket.com Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.