Saltar ao contido

Le Mans Sarthe Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Le Mans Sarthe Basket
Información xeral
Liga Pro A
Alcume Les tangos
Fundación 1939
Historia SCM Le Mans (1939-1993)
Cores                Laranxa, gris, branco
Presidente Francia Christophe Le Bouille
Adestrador Francia Elric Delord
Vestimenta Kappa
Localización
Cidade Francia Le Mans, Francia
Pavillón Antarès
Capacidade 6 003
Inauguración 1995
Campionatos
Liga 5 (1978, 1979, 1982, 2006, 2018)
Copa 4 (1964, 2004, 2009, 2016)
msb.fr

O Le Mans Sarthe Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1978 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, gañando o título até en catro ocasións máis, a última en 2018.

En 1928, un industrial francés, Léopold Gouloumés chegou á cidade de Le Mans e fundou a Société des Comptoirs Modernes. Do mesmo xeito que moitas outras industrias do momento, Bernard Gasnal e el, fundaron o seu propio club deportivo en 1938, ao cal chamaron Goulou Club.[1] Porén, en setembro de 1939 estalou a segunda guerra mundial e necesitábanse aos homes para loitar. Coa ausencia dos homes, as mulleres convenceron ao club para a creación dun equipo de baloncesto feminino.

En 1941 o goberno francés prohibiu aos clubs deportivos utilizar o nome dunha industria, polo que o club Goulou cambiou o seu nome polo de Modern Sporting Club. En 1952, as mozas do Le Mans gañaron o campionato nacional. A raíz diso Bernard Gasnal decidiu fundar tamén un equipo masculino. Pouco máis dunha década despois, en 1963, o novo club consegue chegar á máxima categoría. Os anos a partir da temporada 1969−70 foron moi exitosos, gañaron a Copa de Francia en 1964 e a Liga en 1978, 1979 e 1982. Despois da euforia dos partidos europeos, o rumbo do club mudou coa chegada de grandes potencias ao baloncesto francés como o CSP Limoges e o Pau-Orthez. En 1993 o club muda o nome de SCM Le Mans a Le Mans Sarthe Basket. Coa chegada do novo milenio o club converteuse nun dos habituais contendentes polo título, gañando a Copa en 2004, 2009, 2016 e a Liga en 2006 e 2018.

Ano a ano

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa Leaders Cup Competición europeas
2005–06 1 Pro A 22–12 Cuartos de final Campións 2 ULEB Cup LR
2006–07 1 Pro A 22–15 Rolda de 16 Subcampión 1 Euroliga LR
2007–08 1 Pro A 26–9 Rolda de 16 Cuartos de final 1 Euroliga LR
2008–09 1 Pro A 23–12 Campións Campións 1 Euroliga LR
2009–10 1 Pro A 26–10 Rolda de 16 Cuartos de final 2 Eurocup L16
2010–11 1 Pro A 14–18 Rolda de 16 2 Eurocup L16
2011–12 1 Pro A 23–14 Cuartos de final Semifinais 2 Eurocup LR
2012–13 1 Pro A 17–16 Rolda de 32 Semifinais 2 Eurocup LR
2013–14 1 Pro A 5th 19–13 Cuartos de final Campión 2 Eurocup LR
2014–15 1 Pro A 21–19 Rolda de 16 Subcampión 3 EuroChallenge CF
2015–16 1 Pro A 25–15 Campións Cuartos de final 2 Eurocup LR
2016–17 1 Pro A 12º 14–20 Subcampión 3 Champions League R16
2017–18 1 Pro A 29–18 Rolda de 32 Subcampión
2018–19 1 Pro A 20–14 Subcampión 3 Champions League OF
2019–20 1 Pro A 11–14 Oitavos de final
2020–21 1 Pro A 19–15 Cuartos de final
2021–22 1 Pro A 17–17 Oitavos de final 3 Champions League RC

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Liga de Francia

  • Campións (5): 1978, 1979, 1982, 2006, 2018
  • Subcampións (2): 2010, 2012

Copa de Francia

  • Campións (4): 1964, 2004, 2009, 2016
  • Subcampións (1): 2017, 2019

Leaders Cup

  • Campións (3): 2006, 2009, 2014
  • Subcampións (3): 2004, 2007, 2015
  1. "Histoire du MSB / SCM". msb.com (en francés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]