BC Zenit San Petersburgo
Zenit San Petersburgo | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | VTB / Eurocup |
Fundación | 2003 |
Historia | Dynamo Moscow Region (2003−07) Triumph Lyubertsy (2007−14) |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Roman Agapov |
Adestrador | Vasily Karasev |
Patrocinador | Gazprom |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | San Petersburgo, Rusia |
Pavillón | Sibur Arena |
Capacidade | 7.044 |
Inauguración | 11 de setembro de 2013 |
basket.fc-zenit.ru |
O BC Zenit San Petersburgo (en ruso: баскетбольный клуб "Зенит", antes coñecido como BC Dynamo Moscow Region e BC Triumph Lyubertsy) é un equipo de baloncesto profesional ruso con sede na cidade de San Petersburgo. O club compite na VTB United League e na Eurocup Basketball e o seu patrocinador principal é a gasística Gazprom. Disputa os seus partidos como local no Sibur Arena, un pavillón con capacidade para 7.044 espectadores ademais de 390 palcos VIP.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado orixinalmente no 2003 baixo o nome de BC Dynamo Moscow Region, e inscrito na Superliga Rusa A. O club orixinalmente estaba tamén establecido en Lyubertsy, unha localidade situada no Óblast de Moscova. En xuño de 2007, o Dynamo Moscow Region disolveuse e se converteu no refundado Triumph Lyubertsy Moscow Region. O Triumph Lyubertsy mantivo toda a historia e récords acadados polo Dynamo Moscow Region coa adquisición dos seus dereitos. Na temporada 2013–14, o Triumph acadou a Final do EuroChallenge, aínda que perdeu ante o Grissin Bon Reggio Emilia italiano por 65:79.[1]
En xullo de 2014, o club anunciou o seu traslado de Lyubertsy a San Petersburgo, cambiando o seu nome polo de BC Zenit San Petersburgo. O club conserva a historia e os dereitos do Triumph Lyubertsy, así como a súa praza tanto na VTB United League como na Eurocup. Mentres tanto o club está a tratar de manter un segundo club en Lyubertsy, que competiría na Superliga de Baloncesto de Rusia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Triumph Lyubertsy - BC Emilia : 65:79 (Match report)". ScoresPro.com (en inglés). 27 de abril de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2015.
- ↑ "Triumph Lyubertsy becomes Zenit St Petersburg". Eurocupbasketball.com (en inglés). 18 de agosto de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés) (en ruso)
- Páxina do equipo en Eurobasket.com (en inglés)