Saltar ao contido

BC Zenit San Petersburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zenit San Petersburgo
Información xeral
Liga VTB / Eurocup
Fundación 2003
Historia Dynamo Moscow Region (2003−07)
Triumph Lyubertsy (2007−14)
Cores           Azul, branco
Presidente Roman Agapov
Adestrador Vasily Karasev
Patrocinador Gazprom
Vestimenta Nike
Localización
Cidade San Petersburgo, Rusia
Pavillón Sibur Arena
Capacidade 7.044
Inauguración 11 de setembro de 2013
basket.fc-zenit.ru

O BC Zenit San Petersburgo (en ruso: баскетбольный клуб "Зенит", antes coñecido como BC Dynamo Moscow Region e BC Triumph Lyubertsy) é un equipo de baloncesto profesional ruso con sede na cidade de San Petersburgo. O club compite na VTB United League e na Eurocup Basketball e o seu patrocinador principal é a gasística Gazprom. Disputa os seus partidos como local no Sibur Arena, un pavillón con capacidade para 7.044 espectadores ademais de 390 palcos VIP.

O club foi fundado orixinalmente no 2003 baixo o nome de BC Dynamo Moscow Region, e inscrito na Superliga Rusa A. O club orixinalmente estaba tamén establecido en Lyubertsy, unha localidade situada no Óblast de Moscova. En xuño de 2007, o Dynamo Moscow Region disolveuse e se converteu no refundado Triumph Lyubertsy Moscow Region. O Triumph Lyubertsy mantivo toda a historia e récords acadados polo Dynamo Moscow Region coa adquisición dos seus dereitos. Na temporada 2013–14, o Triumph acadou a Final do EuroChallenge, aínda que perdeu ante o Grissin Bon Reggio Emilia italiano por 65:79.[1]

En xullo de 2014, o club anunciou o seu traslado de Lyubertsy a San Petersburgo, cambiando o seu nome polo de BC Zenit San Petersburgo. O club conserva a historia e os dereitos do Triumph Lyubertsy, así como a súa praza tanto na VTB United League como na Eurocup. Mentres tanto o club está a tratar de manter un segundo club en Lyubertsy, que competiría na Superliga de Baloncesto de Rusia.[2]

  1. "Triumph Lyubertsy - BC Emilia : 65:79 (Match report)". ScoresPro.com (en inglés). 27 de abril de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  2. "Triumph Lyubertsy becomes Zenit St Petersburg". Eurocupbasketball.com (en inglés). 18 de agosto de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]