Oncorhynchus
Oncorhynchus Rango fósil: mioceno tardío - actualidade[1] | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Troita arco da vella | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Oncorhynchus gorbuscha (Walbaum, 1792) | |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Oncorhynchus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos, distribuídos polo norte do océano Pacífico, con algunha especie no golfo de México.[2]
Son peixes anádromos, que se desenvolven no mar e remontan os ríos para desovar, con moi poucas excepcións.[2][3]
O xénero comprende numerosas especies, entre as que destacan o salmón real e a troita arco da vella.
Características
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero son moi similares ás do xénero Salmo, con corpo hidrodinámico, boca con dentes robustos de depredador e escamas pequenas. A aleta caudal presenta sempre manchas escuras (nunca nas do Salmo).[4]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero están difundidas no océano Pacífico setentrional e nas augas doces dos ríos tributarios do Pacífico de Asia e do norte da América setentrional.
Algunhas especies, como a troita arco da vella (O. mykiss), foron introducidas en moitas partes do mundo con características climáticas e ambientais idóneas, ás veces en prexuízo da íctiofauna autóctona.
Son peixes de augas frías e temperado-frías, e hai especies que pasan toda a súa vida en auga doce, e especies anádromas.[4]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Durante a época da reprodución mostran un forte dimorfismo sexual e, a miúdo, unha coloración moi viva.
As especies anádromas morren despois de reproducírense.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1861 polo naturalista estadounidense George Suckley (1830–1869).[5]
O nome do xénero deriva do grego antigo ὅγκος ónkos, "gancho", e ῥύγχος rhýnchos, "fociño", en referencia ás fauces ganchudas dos machos na temporada de apareamento.
Especies
[editar | editar a fonte]Como en todos os salmónidos, a taxonomía das especies de cada xénero é moi controvertida. Algunhas das especies de Oncorhynchus son moi variábeis, e describíronse un bo número de taxa hoxe obsoletos. En 1989, estudos morfolóxicos e xenéticos realizados por Gerald Smith e Ralph Stearley indican que as troitas da conca do Pacífico son xeneticamente máis próximas ao salmón do Pacífico que a Salmo trutta ou ao salmón do Atlántico (Salmo salar) da conca do Atlántico.[6]
Así, en 1989, as autoridades taxonómicas cambiaron á troita arco iris e a outras troitas da conca do Pacífico ao xénero Oncorhynchus.[7] Na actualidade recoñécense 12 especies e numerosas subespecies neste xénero:[7][8]
- Oncorhynchus apache (R. R. Miller, 1972)
- Oncorhynchus chrysogaster (Needham & Gard, 1964)
- Oncorhynchus clarkii (J. Richardson, 1836)
- Oncorhynchus gilae (R. R. Miller, 1950)
- Oncorhynchus gorbuscha (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus kawamurae (D. S. Jordan & E. A. McGregor, 1925)
- Oncorhynchus keta (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus kisutch (Walbaum, 1792) - Salmón prateado.[9]
- Oncorhynchus masou (Brevoort, 1856)
- Oncorhynchus mykiss (Walbaum, 1792) - Troita arco da vella.[9]
- Oncorhynchus nerka (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus tshawytscha (Walbaum, 1792) - Salmón real.[9]
Porén, o World Register of Marine Species só admite sete:[5]
- Oncorhynchus gorbuscha (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus keta (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus kisutch (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus mykiss (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus nerka (Walbaum, 1792)
- Oncorhynchus rhodurus Jordan & McGregor, 1925
- Oncorhynchus tshawytscha (Walbaum, 1792)
Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sepkoski, Jack (2002).
- ↑ 2,0 2,1 Nelson, J. S. (2006).
- ↑ Page, L. M. & B. M. Burr (1991): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Boston: Houghton Mifflin Company.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Oncorhynchus Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Ittiofauna (en italiano).
- ↑ 5,0 5,1 Oncorhynchus Suckley, 1861 no WoRMS.
- ↑ Gerald R. Smith & Ralph F. Stearley (1989). "The Classification and Scientific Names of Rainbow and Cutthroat Trouts". Fisheries (American Fisheries Society) 14 (1): 4–10. doi:10.1577/1548-8446(1989)014<0004:tcasno>2.0.co;2.
- ↑ 7,0 7,1 Behnke, Robert J. (2002). "género Oncorhynchus". Trout and Salmon of North America. Ilustrado por: Tomelleri, Joseph R. pp. 10 – 21. ISBN 0-7432-2220-2.
- ↑ Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Oncorhynchus en FishBase. Versión de febreiro de 2012.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 60.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oncorhynchus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oncorhynchus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
- Esteve, Manu (2005): "Observations of spawnig behaviour in Salmoninae: Salmo, Oncorhynchs and Salvelinus". Reviews in Fish Biology and Fischeries 15: 1-21.
- Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
- Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. Cuarta ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Sepkoski, Jack (2002): "Osteichthyes", en "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletin of American Paleontology 364: 560. HTML texto completo Arquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oncorhynchus Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Oncorhynchus no SIIT.
- Oncorhynchus en ADW.
- Oncorhynchus no NCBI.