Ono no Komachi
Nome orixinal | (ja) 小野小町 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 820 ↔ 830 valor descoñecido |
Morte | c. 900 (Gregoriano) (74/75 anos) valor descoñecido |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, escritora |
Período de tempo | Dinastía Heian |
Período de actividade | (Con vida en: c. 850 ) |
Empregador | Palácio Heian (pt) |
Xénero artístico | Waka (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Ono no Yoshizane |
Descrito pola fonte | L'Art (en) Cachées par la forêt : 138 femmes de lettres oubliées (en) , (p.33) |
Ono no Komachi (小野 小町 825 — 900?) foi unha poetisa xaponesa, que se distinguiu no xénero waka, sendo considerada un dos seis mellores poetas deste xénero: os rokkasen, durante o período Heian. A súa beleza tornouse proverbial e é mesmo un dos símbolos da beleza feminina no Xapón.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O lugar de nacemento e morte de Komachi é incerto. De acordo con certa tradición, naceu na actual provincia de Akita. Descoñécese, tamén, o seu status social. Se cadra era unha das esposas do emperador de baixo nivel xerárquico, o emperador Nimmyō (c. 833-850).
Como poetisa, especializouse en temas amorosos. A maior parte dos seus waka refírense á ansiedade, a soidade ou amor apaixonado. É a única muller referida no prefacio do Kokinshu, que describe o seu estilo como "contendo a inxenuidade propia do estilo antigo mais, tamén, delicadeza".
Existen varias lendas respecto ás paixóns de Komachi, sendo a máis famosa a que a relaciona con Fukakusa no Shosho, un importante cortesán. Komachi teríalle prometido que se a visitaba cen noites consecutivas, sería a súa amante. Fukakusa no Shosho visitouna todas esas noites mais fallou unha vez. Por mor da desesperanza, o cortesán adoeceu e morreu. Komachi ficaría profundamente trastornada coa súa responsabilidade no caso.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hirshfield, Jane; Aratani, Mariko (1990). The Ink Dark Moon: Love Poems by Ono no Komachi and Izumi Shikibu, Women of the Ancient Court of Japan. Nova York: Vintage Books. ISBN 0-679-72958-5.