OpenDocument
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xuño de 2019) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
OpenDocument (OASIS Open Document Format for Office Applications) é un estándar aberto definido por OASIS que especifica un formato de arquivo baseado en XML que permite almacenar datos de aplicacións de oficina.
Motivacións
[editar | editar a fonte]Unha das causas e tamén consecuencia da estrutura monopolística do mercado informático que se consolidou durante os anos 90 son as trabas para intercambiar datos entre aplicacións de diferentes provedores, aínda que estas sexan do mesmo tipo. As grandes empresas creadoras de software fomentan estas incompatibilidades para producir a síndrome de cliente cativo: Os gastos necesarios para implantar unha nova tecnoloxía son maiores que os beneficios que poida prover debido á necesidade de realizar unha custosa migración de datos ao novo sistema. Esta síndrome do cliente cativo minimiza a competencia e atrasa o progreso da tecnoloxía.
A extensión das redes WAN como Internet a finais dos anos 90 agravou os problemas de incompatibilidade, xa que limitaban as posibilidades de comunicación entre organizacións diferentes que moitas veces contaban con solucións de software heteroxéneas. Unha das primeiras solucións a este problema foi a homoxeneización dos produtos informáticos, decantándose a maioría por un provedor concreto que se considerou o estándar de facto, feito que agravou aínda máis os problemas de competencia no mercado das solucións de software.