Orbital Reentry Experiment
Orbital Reentry Experiment / OREX / Ryusei | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | NASDA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de febreiro de 1994, 22:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-II[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[2][6] |
Decaemento | 4 de febreiro de 1994[1] |
NSSDC ID | 1994-007A |
Masa | 865 kg[5] |
OREX (acrónimo de Orbital Reentry Experiment), bautizado despois do lanzamento como Ryusei, foi unha cápsula de reentrada da antiga NASDA (despois integrada na axencia espacial xaponesa JAXA) lanzada o 3 de febreiro de 1994 mediante un foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de OREX enmarcouse na investigación levada a cabo para o avión espacial xaponés HOPE. OREX era unha cápsula deseñada para recoller datos durante a reentrada, en contornos que non poden reproducirse en experimentos en terra. OREX foi lanzado por un foguete H-II e reentrou tan só unha órbita despois, retransmitindo os datos recollidos tras a reentrada, durante a caída, para finalmente amarar no océano Pacífico.[1][2][5][6]
Algúns dos campos que estudou OREX foron os seguintes:[5]
- Quecemento aerodinámico durante a reentrada.
- Resistencia estrutural á calor durante a reentrada.
- Perda de comunicacións durante a reentrada.
- Navegación GPS en órbita e durante a reentrada.
OREX tiña forma de cono coa punta roma, co frontal recuberto de carbono-carbono para soportar as temperaturas da reentrada e o resto cuberto con baldosas cerámicas.[2][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OREX" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "Ryusei" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Note verbale dated 4 May 1994 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24135). 31 de maio de 1994: 3. Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "OREX / Ryusei" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "OREX (Ryusei)" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "OREX" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2015.