Orbiting Vehicle 3
Aparencia
Orbiting Vehicle 3 ou OV3 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1966 e 1967.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites OV3 tiñan forma octogonal e todos foron lanzados mediante foguetes Scout B.[1][2]
Misións
[editar | editar a fonte]- OV3 1: investigou os cintos de radiación e levou a bordo experimentos para estudar campos. Os experimentos eran unha copia dos da misión OV2 1.
- OV3 2: experimentos para estudar as partículas de baixa enerxía dos cintos de radiación (espectrómetro de masas, analizador de potenciais retardados, sonda Langmuir e magnetómetro triaxial).
- OV3 3: experimentos para estudar os cintos de radiación (copa de Faraday, dous telescopios direccionais, tres espectrómetros, un magnetómetro e un receptor VLF).
- OV3 4 ou PHASR (Personal Hazards Associated with Space Radiation): levaba un experimento con seis cámaras de ións equivalentes a tecido biolóxico, dous espectrómetros de cinco canais, dous espectrómetros de partículas cargadas e un magnetómetro.
- OV3 5 ou ATCOS 1 (Atmospheric Composition Satellite 1): levaba dous espectrómetros de masas, tres indicadores de ionización e dúas sondas de impedancia.
- OV3 6 ou ATCOS 2 (Atmospheric Composition Satellite 2): levaba unha instrumentación idéntica a OV3 5.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
OV3 1 | 22 de abril de 1966 | Scout B | Éxito |
OV3 4 (PHASR) | 10 de xuño de 1966 | Scout B | Éxito |
OV3 3 | 4 de agosto de 1966 | Scout B | Éxito |
OV3 2 | 28 de outubro de 1966 | Scout B | Éxito |
OV3 5 (ATCOS 1) | 31 de xaneiro de 1967 | Scout B | Fallo |
OV3 6 (ATCOS 2) | 5 de decembro de 1967 | Scout B | Éxito |