Flor dos raparigos
Flor dos raparigos | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orchis italica Poir. 1789 | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Orchis italica Poir. 1789 |
A flor dos raparigos, Orchis italica,[1] é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe pola Europa mediterránea, o Oriente Medio e o norte de África.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Atópase en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra, arredor do Mediterráneo, por Oriente Medio, e o norte de África.
Descrición
[editar | editar a fonte]As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde os tubérculos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.
A inflorescencia que é erecta en espiga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O tallo está cuberto por unha bráctea cor verde até 2/3 da súa lonxitude.
Presenta unha densa floración con flores pequenas en forma cónica. Os tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara a arriba e o central arquéase cara a abaixo. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor púrpura con liñas converxentes de ton máis intenso.
O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes, é de cor rosa esbrancuxada e está profusamente moteado con puntos de rosa máis intensa. O labelo presenta tres lóbulos, o central, máis ancho, ten dúas identacións profundas (no centro sobresae un floco moito máis fino que os flocos que quedan a ambos lados), e dous lóbulos máis pequenos e delgados un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara a fóra e cara a arriba. Ten ademais dous pétalos moi reducidos no interior que non se observan a simple vista
Florece desde marzo até xuño. A cor pode variar desde a esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Orchis longibracteata Schur 1866
- Orchis tridentata ssp. lactea (Poir.) Rouy 1912
- Orchis fusca var. stenoloba Coss. & Germ. 1845
- Orchis italica f. albiflora Nicora ex Fiori & Paol. 1896
- Orchis italica f. maculata Soó 1932
- Orchis longicornis Lam. 1798
- Orchis longicruris Link 1799
- Orchis longicruris subsp. longipenis Font Quer & P.Palau 1954
- Orchis militaris Poir. 1789
- Orchis purpurea var. stenoloba (Coss. & Germ.) Willk. 1861
- Orchis tephrosanthos Desf. 1799
- Orchis tephrosanthos var. undulatifolia (Biv.) Webb 1838
- Orchis undulatifolia Biv. 1807
- Orchis welwitschii Rchb.f. 1851[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Sinónimos en Orchidspecies
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orchis italica |
- Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
- Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
- White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
- The Illustrated Encyclopedia of Orchids, Alec Pridgeon, Timber Press.
- The Manual Of Cultivated Orchid Species, Bechtel, Cribb e Launert, The MIT Press.
- Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110.