Ordoño III de León
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 925 Zamora, España |
Morte | setembro de 956 (30/31 anos) Zamora, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Monarca do Reino de León | |
951 – 956 ← Ramiro II – Sancho II → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Rei de León |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Urraca Fernandes de Castela |
Fillos | Vermudo II |
Pais | Ramiro II e Adosinda Guterrez |
Irmáns | Sancho II Tareixa Ramírez Elvira Ramírez |
Ordoño III foi un nobre galego, nado cara ao 925 e finado en Zamora no 956. É coñecido pola historiografía española como monarca do reino de León, mentres gran parte da historiografía galega considérao como rei da Galicia alto-medieval[1], exercendo como tal entre os anos 951 e 956.
- Véxase tamén: O reino de Galicia na historiografía tradicional española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramiro II e da aristócrata galega Adosinda[2], gañouse o apoio da nobreza galega, enfrontouse a navarros e casteláns, que apoiaban ao seu medio irmán Sancho na súa disputa polo trono. Este estaba apoiado polo reino de Navarra e o conde castelán Fernán González. Sancho finalmente perdeu na súa disputa polo poder en 953, tendo como segunda consecuencia o sometemento do conde castelán a Ordoño.
Este non foi o único problema que Ordoño III tivo durante o seu reinado, pois ademais soportou numerosas rebeldías internas, ataques dende España e unha sublevación de nobres galegos descontentos coa súa política. En resposta aos musulmáns, Ordoño enviou gran número de tropas, que conseguiron chegar até Lisboa (955). Ante unha incipiente guerra aberta, asinouse un tratado de paz entre o rei galaico e o califa Abd al-Rahman III (912-961).
Ordoño III levou a cabo unha exhaustiva reorganización dos seus territorios e continuou co proceso de fortalecemento das institucións reais que iniciara o seu pai.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Por que os Reis de Galicia son nomeados como Reyes de León e non de Galicia?". Historia de Galicia. 2017-08-29. Consultado o 2022-07-02.
- ↑ Alvarez, M. Rubén García (1967). "El gallego Ordoño III, rey de León". Cuadernos de estudios gallegos 22 (68): 281–310. ISSN 0210-847X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Ordoño III e Sancho II. Uns reis enfrontados por Galiza. |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ordoño III de León |
Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Ramiro II |
Ordoño III de León | Precede a: Sancho II |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |