Orfo da SIDA
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Un orfo da SIDA é un neno que se converteu en orfo ó morrer un ou ambos pais de SIDA.
Segundo estatísticas do Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA), a Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), o termo aplícase a un neno cuxa nai morreu a causa da SIDA antes do 15º aniversarios do neno, sen ter en conta que o pai permaneza aínda vivo.[1] Como consecuencia desta definición, un estudo estimou que o 80% de todos os orfos da SIDA aínda teñen un proxenitor vivo.[2]
Cada ano, 70.000 novos nenos convértense en orfos da SIDA, e prevese que para o ano 2010 máis de 20 millóns de nenos sexan orfos debido a esta causa.[3][4]
Posto que a SIDA afecta principalmente a aqueles que son sexualmente activos, as mortes relacionadas coa SIDA afectan a miúdo a persoas que, mediante os seus salarios, constitúen o principal sustento da economía familiar. Consecuentemente, os orfos da SIDA frecuentemente dependen do Estado para o seu coidado e manutención, particularmente en África.[5]
O número máis alto de orfos a causa da SIDA en 2007 atopábase en Suráfrica (aínda que a definición de orfos da SIDA nas estatísticas de Suráfrica[5] inclúe ós nenos até a idade de 18 anos que perderon a un dos pais biolóxicos).[6] En 2005 o número máis alto de orfos da SIDA, medido en porcentaxe sobre o número total de orfos, localizábase en Zimbabue.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNAIDS.org Arquivado 03 de xullo de 2007 en Wayback Machine. PDF
- ↑ Adriana Stuijt (4 de abril de 2009). "South Africa's 3,4-million Aids-orphans to get 'adult' rights" (en inglés). Digital Journal. Consultado o 14 de xullo de 2010.
- ↑ Tony Karon (1 de xuño de 2001). "AIDS Orphan's Preventable Death Challenges Those Left Behind" (en inglés). Time. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 14 de xullo de 2010.
- ↑ "Project Aids Orphan". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de xullo de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "AIDS orphans". Avert. Consultado o 14 de xullo de 2010.
- ↑ "Children count" (en inglés). Goberno de Suráfrica.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orfo da SIDA |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de temas relacionados coa SIDA
- Student Initiative Rahel, un proxecto educativo que traballa con mozos desfavorecidos como orfos da SIDA xunto co proxecto OVC para Adigrat e para a rexión de Tigray, Etiopía
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- AIDS Orphan Resources Around the Globe
- !Nam Child Wiki (Namibian Wiki on Children)