Organización (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Organización, derivado do latín medieval organizationem (nominativo organizatio), substantivo de acción do participio de organizare, do latín organum "instrumento, ferramenta, órgano", ten os seguintes significados:[1]
- é o efecto de organizar ou organizarse.
- tamén é o acto ou proceso de organizar, a disposición das partes nun todo "orgánico"
- tamén a maneira como está organizado un conxunto, con vistas a cumprir unha función. Por exemplo: "A organización dos servizos é deficiente".
- organización como entidade, institución ou asociación, que ten un obxectivo colectivo e está vinculada a unha contorna externa (esta acepción como grupo de persoas emprégase desde a Idade moderna).[2]
Bioloxía e medicina
[editar | editar a fonte](véxase o dicionario galego de termos médicos)
- Organización tisular: acción de dotar de estrutura orgánica ou de formar órganos dentro dun ser vivo.
- Organización (vascularidade): transformación no interior do organismo dun trombo, exsudado ou calquera masa sen vida en tecido conxuntivo vascular, a través da migración de células e vasos sanguíneos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "organización". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "organization / organización". www.etymonline.com (en inglés e castelán). Consultado o 2024-07-19.