Orgullo Petrolero
Orgullo Petrolero Cerro de la Pez (actual) | |
---|---|
Botadura de Orgullo Petrolero en Navantia Ferrol. | |
Historial | |
Estaleiro | Navantia Ferrol |
Clase | BAP |
Tipo | Flotel |
Operador | Pemex |
Porto de rexistro | A Valeta ( Malta) |
Autorizado | 22 de maio de 2014 |
Posta en grella | 30 de outubro de 2014 |
Botado | 28 de agosto de 2015 |
Asignado | 16 de xullo do 2016 (previsión) |
Viaxe inaugural | Ferrol-México (maio 2018) |
Destino | Golfo de México |
Características xerais | |
Desprazamento | 7 000 toneladas |
Eslora | 131,20 metros |
Manga | 27 metros |
Velocidade | 10,8 nós |
Capacidade | 700 persoas |
OMI: 9673898, MMSI: 256152000, chamada: 9HA3836 |
Orgullo Petrolero (renomeado como Cerro de la Pez)[1] é un buque de apoio a plataformas petrolíferas, construído na Ría de Ferrol por Navantia para Pemex, cun custo de 150 millóns de euros. O buque forma parte dunha serie de dous contratados xunto con Barreras Vigo, o Reforma Pemex.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os inicios do proxecto partiron da negociación da Xunta de Galicia con Pemex para conseguir traballo nos estaleiros galegos. O 5 de marzo de 2014 asinouse o acordo coa sociedade PMI Norteamérica S.A[2]. Durante a construción do buque, Pemex tentou a venda do flotel á operadora norueguesa Volstad, que o cedería en réxime de alugueiro.[3]
O buque botouse na ría de Ferrol cun adianto de dous meses sobre a data prevista, tendo construído o 65%. Foi botado o 28 de agosto de 2015, sendo madriña Victoria Eugenia Aguiar Meugniot.[4] Permaneceu atracado na ría de Ferrol ata maio de 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Volvió como “Cerro de la Pez”
- ↑ "Navantia bota el primer flotel para Pemex" delacontecerportuario.wordpress.com 28/8/2015.
- ↑ "«Orgullo petrolero» y ferrolano" La Voz de Galicia, 28/8/2015.
- ↑ "El 'Orgullo Petrolero' de Pemex toca el mar tres años después de las promesas de Feijóo" Arquivado 30 de agosto de 2015 en Wayback Machine. Economía Digital, 28/8/2015.