Orlandina Basket
Orlandina Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Serie A2 |
Fundación | 1978 |
Cores | Branco, azul |
Presidente | Enzo Sindoni |
Adestrador | Marco Cardani |
Patrocinador | Betaland |
Localización | |
Cidade | Capo d'Orlando, Italia |
Pavillón | PalaFantozzi |
Capacidade | 3 508 |
Inauguración | 2001 |
orlandinabasket.it |
O Orlandina Basket, antes coñecido como Benfapp Capo d'Orlando por motivos de patrocinio,[1] é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Capo d'Orlando, Sicilia. Fundado en 1978, actualmente compite na Serie A2 Basket, a segunda división do baloncesto transalpino.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1978, o equipo xogou principalmente en ligas rexionais até a chegada dunha nova xerencia en 1996. A partir dese momento, a Orlandina Basket conseguiu dous ascensos consecutivos, acadando a Serie B2 en 1998. Coa fichaxe ese mesmo ano do internacional italiano Alessandro Fantozzi, o club ascendeu á Serie B1 no ano 2000 e á LegaDue (Segunda División) o ano seguinte, aínda que acabaron por desecender despois dunha temporada. Readmitido na LegaDue en 2004 debido a prazas que ficaron vacantes, o equipo gaña a liga e ascende á Serie A en 2005.
En setembro de 2008 a Orlandina foi excluída da Serie A xunto co Basket Napoli debido problemas legais.[2] Despois da sentenza, o club comezou de novo na Serie C Dilettanti, a quinta categoría do baloncesto italiano. Porén, o equipo comezou a encadear ascenso, subindo desde a DNA até a LegaDue en 2012. Na temporada 2013−14, a pesar de peder o ascenso á Serie A despois saír derrotados na final do Playoff ante o Aquila Basket Trento, a Orlandina é ascendida de todos os xeitos debido á bancarrota do Montepaschi Siena.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Fiat Vinci Capo D'Orlando (1996−1997)
- Nebrodi Gas Capo D'Orlando (1997−2008)
- Upea Capo D'Orlando (1998−2007)
- Pierrel Capo d'Orlando (2007−2008)
- Upea Capo d'Orlando (2009−2015)
- Betaland Capo d'Orlando (2015−2018)
- Benfapp Capo d'Orlando (2018-presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Segunda División de Italia
- Campións (1): 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuovo main sponsor, serà Betland Capo d'Orlando!". OrlandinaBasket.it. 2 de setembro de 2015.
- ↑ "Il Consiglio Federale revoca l'ammissione di Napoli e Capo d'Orlando alla Serie A". Lega Basket. 20 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2008. Consultado o 10 de setembro de 2016.