Saltar ao contido

Orlando J. Vázquez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrlando J. Vázquez González
Biografía

Orlando J. Vázquez González, nado na cidade da Coruña, é un ex xogador de hóckey a patíns galego. Estudou no colexio Sta. María do Mar, onde se iniciou na práctica do hóckey a patíns. Xogou no HC Liceo como porteiro, sendo unha nova promesa e axudando ó ascenso do equipo á división de honra na tempada 1978-79.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orlando formouse inicialmente na práctica do hóckey a patíns no colexio coruñés de Sta. María do Mar. Tras pasar un ano no HC Santa Lucía (1975), pasou a xogar no daquela denominado Hockey Club Liceo Banco Simeón entre 1976 e 1979, conseguindo na súa última tempada no club herculino o ascenso á máxima categoría do hóckey a patíns español, División de Honra (agora denominada OK Liga), logo de proclamarse subcampión de liga. Deixou o HC Liceo para xogar no HC Xuntanza, club no que permaneceu ata 1986.

Como xogador

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]