Orquestra Mallo
Orquestra Mallo | |
---|---|
![]() | |
Orixe | A Coruña, ![]() |
Período | 1930-2013 |
Xénero(s) | musica popular, folk, |
Membros | Antonio Mallo, Daniel Mallo, Juan Mallo, Enrique Sanz, Arturo Goncerlián, Manuel Iglesias Brea, Pucho Portela, Justino Prieto Castro, Klaus Martínez Veiga, Raimundo Pita, Melchor Rodó, Pucho Boedo. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Orquesta Mallo é un conxunto musical fundado na Coruña en 1930 polo acordeonista de Carballo Antonio Mallo. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e a súa actividade só se viu interrompida pola guerra civil española. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.
Historia
[editar | editar a fonte]Dende que Antonio Mallo a fundou, o signo de identificación da orquestra é o acordeón. A testemuña desta tradición musical, que na familia Mallo data do século XIX, foi seguida polo seu sucesor e sobriño, Juan Mallo, que continúa na actualidade dando vida ós antigos costumes acordeonísticos da orquestra. A primeira formación da orquestra Mallo no ano 1930 contou cun dos vocalistas máis famosos da época, Pucho Portela, un saxo, un trompeta e o pianista ferrolán Cerdeiriña, premiado polo Conservatorio de París. Dende este intre a Orquesta Mallo comeza a frecuentar diversas salas e cafés-teatro da época chegando a inaugurar a Sala de festas “O Seixal” (agora xa pechada), unha das pistas máis modernas da vida social coruñesa naqueles tempos.
No ano 1936 a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da guerra civil española, ata que no ano 1940 volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, Arturo Goncerlián e Pucho Portela de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo Pucho Boedo, antes de que este formase parte da orquestra Los Satélites, Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal Os Tamara. Comeza así a época dorada da orquestra de Antonio Mallo. Durante os anos 1960, 1961 e 1962 continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira Big Band á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito compoñentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista á fronte. En 1963, morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende 1964 ata 1969 continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.
Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no 1973, xubílase unha das voces míticas da Orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No 1974 as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi ademais gañador na 1982 do concurso nacional Gente Joven da TVE. Tras 45 anos de dirección musical xubílase Antonio Mallo e continúa coa dirección da orquestra Daniel Mallo, incorporando como pianista ao seu fillo Juan. Na década dos oitenta continúan as actuacións e o éxito da Orquesta Mallo.
En 1985 Daniel Mallo abandona a participación activa na orquestra, e faise cargo da mesma o seu fillo Juan Mallo, iniciándose con el un período de renovación musical. Na actualidade, a Orquesta Mallo segue coas súas actuacións, tocando temas orixinais dos tres irmáns, facendo festa adaptada a todo o público, pero sen deixar de lado as antigas tradicións acordeonísticas da nosa cultura e guiado sempre polo sucesor da tradición da familia Mallo, o músico Juan Mallo.
Músicos relevantes
[editar | editar a fonte]- Manuel Iglesias Brea: antigo músico solista da banda municipal da Coruña e mestre de contrabaixo do conservatorio superior de música da Coruña.
- Arturo Goncerlián[1]: pianista coruñés do século XX.
- Enrique Sanz: antigo mestre de violín do conservatorio superior de música da Coruña.
- Justino Prieto Rodríguez: ex trompeta solista da banda municipal da Coruña e trompeta primeira en diversas orquestras da época dourada coma Los Satélites ou Los Españoles.
- Klaus Martínez Veiga: Director musical na última etapa da Orquestra.
- Pucho Portela: cantante violinista e showman, traballou nas mellores orquestras da primeira metade do século XX, formou un dúo co pianista barcelonés Masmitjá e máis tarde fundaría a súa propia orquestra e o Playa Club da Coruña.
- Raimundo Pita: vocalista e Seña de identidade da Orquestra Mallo durante a década dos cincuenta e sesenta.
- Melchor Rodó: gañador en voz masculina de “Canción balada” na década de 1970 do concurso nacional Gente Joven en TVE.
- Pucho Boedo: coruñés, líder vocal dos Tamara e voz característica do carácter galego no século XX.
A orquestra na cultura popular
[editar | editar a fonte]A orquestra aparece mencionada en varias obras literarias:
- Rivas, M. (1995): Que me queres, amor? Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996.
- Souto, X. (1991): Apólogo Orquestral Pangalaico "A orquestra Mallo, a saga do Mariscal", na Revista oficial da RTVG nº 14 xaneiro de 1991.
- Souto, X.: "La verbena interminal" revista Antena Semanal.
- "Introito dos Poceiros a Delfín Barral, Acordeóns Poderosos" Revista da CRTVG.
- Diversas actuacións na TVG nos programas Gran Casino, Ruada, Dende Galicia para o mundo e Luar, dirixidos por Xosé Ramón Gayoso.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- [1] Daniel Mallo e Juan Mallo na Televisión de Galicia
- [2] Orquestra Mallo en directo
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "El último adios a un viejo director" en La Voz de Galicia.
- "Pucho Boedo, trinta anos de lenda", artigo de Xurxo Souto en La Opinión de A Coruña, 25 de xaneiro de 2016.
- "A era do agarrado" en La Voz de Galicia.