Ortoclasio
Ortoclasio | |
---|---|
Fórmula química | KAlSi3O8 |
Clase | 9.FA.30 (Strunz) |
Cor | Incoloro, verde, rosa, branco, amarelo agrisado |
Dureza | 6 |
Fractura | Irregular, coñecida |
Raia | Branca |
Densidade | 2,56 g/cm3 |
O ortoclasio[1] ou a ortosa[2] é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro deles pertence aos feldespatos. Coa fórmula química AlSi3O8 é un dos minerais máis abundantes na codia terrestre. Tamén se coñecen con nome de "feldespato" ou "feldespato ortosa", mais estes nomes non son de todo acertados, xa que non definen ao mineral senón a un grupo de minerais do que o ortoclasio forma parte.
Características
[editar | editar a fonte]Atópase en materiais de construción, beirarrúas e superficies de traballo de cociñas e laboratorios.
Trátase dun mineral común en moitas rochas graníticas e filonianas, nas que aparece en forma de grans redondeados, ou en seccións de cristais ben formados. Cristaliza en prismas columnares, ás veces de gran tamaño. Son comúns as maclas de dous cristais, e entre elas as máis habituais son as de Baveno-Manebachnos cristais prismáticos, e a de Karlovy Vary, formada por dous cristais tabulares.
A cor característica do ortoclasio é a rosa carne, máis ou menos intenso, pero tamén pode ser branca, gris, vermella e, máis raramente, amarela ou azul.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do ortoclasio deriva dos termos gregos ortho e klasis, que significan "correcto" e "exfoliación" respectivamente ("rotura plana"). Isto débese á exfoliación característica deste mineral, que é perfecta segundo dous planos case ortogonais entre si.
Variedades
[editar | editar a fonte]Adularia
[editar | editar a fonte]É unha variedade transparente de ortoclasio, con fórmula KAlSi3O8, que cristaliza a temperaturas moi baixas, en veas hidrotermais, o que fai difícil de apreciar en que sistema cristaliza. Por iso, durante moito tempo considerouse un mineral polimorfo á parte do ortoclasio, mais hoxe descartouse e acéptase que son o mesmo mineral. Describiuse por primeira vez nas montañas de Adula, en Suíza, de aí o seu nome. Mineral moi frecuente nos Alpes. Denomínase valencianita a un tipo de adularia que se atopa na mina Valenciana, en Guanajuato, México.
Depósitos
[editar | editar a fonte]O ortoclasio está distribuído por todo o mundo, pero o depósito máis famoso é o de Karlovy Vary, no macizo de Bohemia (República Checa).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 58
- ↑ "Dicionario da Real Academia Galega. Ortosa". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2012.