Saltar ao contido

Cristianismo ortodoxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ortodoxia»)

O cristianismo ortodoxo, tamén coñecido como ortodoxia, é unha das tres principais pólas do cristianismo calcedoniano, xunto ao catolicismo e o protestantismo. Como sucedera coa pentarquía antes do Gran Cisma, a Igrexa ortodoxa está organizada en igrexas autocéfalas independentes as unhas das outras no seu goberno; esta é a principal Igrexa, e dentro dela xeralmente as Igrexas recoñécense unhas a outras, pero existen tamén unha serie de igrexas ortodoxas non canónicas cun recoñecemento limitado ou nulo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.