Igrexas ortodoxas non canónicas
Co nome de igrexas ortodoxas non canónicas, ortodoxia non canónica ou ortodoxia independente, coñécese a varias comunidades e grupos eclesiásticos que se clasifican eles mesmos como cristiáns ortodoxos, mais que por diversas circunstancias non forman parte da Igrexa ortodoxa e non están en comuñón con ela.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na obra de catro volumes de P. V. Bochkov sobre as xurisdicións ortodoxas non canónicas, fai unha clasificación en catro grupos: divisións políticas, reformistas, ideolóxico-nacionais, e veterocalendaristas.[1]
Vellos crentes
[editar | editar a fonte]Os vellos crentes son unha serie de movementos e organizacións que, dentro da tradición ortodoxa rusa, teñen orixe nas reformas do patriarca Nikon. Malia que durante o século XX a Igrexa ortodoxa rusa suavizou significativamente a súa posición, isto non trouxo a restauración da comuñón eclesiástica entre os vellos crentes e a Igrexa ortodoxa. Pola súa banda, os vellos crentes consideran heterodoxos ao resto de cristiáns ortodoxos. Non hai uniformidade de crenzas entre os vellos crentes, que se poden clasificar como segue:
- Popovtsy (con sacerdocio):[2]
- Xerarquía de Bila Krynytsia, xurdida cando o metropolita Amvrosii Papageorgopoulos en 1846 se uniu aos vellos crentes. Da xerarquía de Bila Krynytsia descenden varios grupos:[2]
- Igrexa ortodoxa rusa dos vellos crentes, con centro en Moscova (Rusia).
- Igrexa ortodoxa antiga de Ucraína, separada da anterior en 2022.
- Igrexa ortodoxa do vello rito lipovana, con centro en Braila (Romanía).[3]
- Neokruzhniki, separación que non aceptou a circular publicada en 1862 pola xerarquía de Bila Krynytsia.
- Igrexa ortodoxa rusa dos vellos crentes, con centro en Moscova (Rusia).
- Beglopopovtsy, que incluíu a sacerdotes que deixaran a Igrexa ortodoxa rusa para pasarse aos vellos crentes, e que non aceptaron á xerarquía de Bila Krynytsia; o grupo obtivo unha xerarquía propia nos anos 20, dando orixe á Igrexa vello-ortodoxa rusa.[2]
- Xerarquía de Bila Krynytsia, xurdida cando o metropolita Amvrosii Papageorgopoulos en 1846 se uniu aos vellos crentes. Da xerarquía de Bila Krynytsia descenden varios grupos:[2]
- Bespopovtsy (sen sacerdocio):[2]
Igrexa ortodoxa verdadeira
[editar | editar a fonte]Coñécese con este nome a igrexas ortodoxas tradicionalistas que separáronse a partir da década de 1920 da Igrexa ortodoxa por motivos diversos, como as reformas do calendario, a participación da Igrexa ortodoxa no ecumenismo, ou o rexeitamento da autoridade da Igrexa ortodoxa. Estes grupos rexeitan a concelebración da Eucaristía coa Igrexa ortodoxa, mantendo ao mesmo tempo que seguen a formar parte da Igrexa pola súa profesión de fe cristiá ortodoxa, a conservación da sucesión apostólica, etc.
- Igrexa ortodoxa auténtica serbia
- Igrexa ortodoxa veterocalendarista búlgara, separada formalmente da Igrexa ortodoxa búlgara en 1993 co estabelecemento dunha diocese veterocalendarista en Bulgaria por parte dun bispo ordenado pola Igrexa ortodoxa grega - Santo Sínodo en Resistencia.
Igrexas autocéfalas nacionais
[editar | editar a fonte]Existen varias comunidades relixiosas ortodoxas que xorden por motivos políticos, normalmente vencellados ao nacionalismo ou por oposición ás relacións de control (real ou percibido) da xerarquía dunha determinada Igrexa polos diferentes gobernos civís.
- Separacións da Igrexa ortodoxa búlgara:
- Igrexa ortodoxa búlgara - Sínodo alternativo, xurdida cando varios membros da xerarquía da Igrexa ortodoxa búlgara pediron o cesamento do patriarca Máximo polos seus vencellos co réxime socialista. Ao non ter éxito, en 1992 crearon o seu propio sínodo, que en 1996 elixiu un patriarca propio. Houbo un proceso de reconciliación, en 1998, no que gran parte dos seus membros volveron á Igrexa ortodoxa búlgara. O Sínodo alternativo deixou de existir a efectos prácticos a mediados da década de 2010, cando os seus xerarcas volveran á Igrexa ortodoxa búlgara ou se uniran a outras xurisdicións eclesiásticas.
- Igrexa ortodoxa búlgara verdadeira, separación da anterior xurdida en 2008.
- Igrexa ortodoxa búlgara (Gervasiy Patyrov), separación da anterior xurdida en 2009.
- Igrexa ortodoxa búlgara - Sínodo alternativo, xurdida cando varios membros da xerarquía da Igrexa ortodoxa búlgara pediron o cesamento do patriarca Máximo polos seus vencellos co réxime socialista. Ao non ter éxito, en 1992 crearon o seu propio sínodo, que en 1996 elixiu un patriarca propio. Houbo un proceso de reconciliación, en 1998, no que gran parte dos seus membros volveron á Igrexa ortodoxa búlgara. O Sínodo alternativo deixou de existir a efectos prácticos a mediados da década de 2010, cando os seus xerarcas volveran á Igrexa ortodoxa búlgara ou se uniran a outras xurisdicións eclesiásticas.
- Separacións da Igrexa ortodoxa de Constantinopla:
- Separacións da Igrexa ortodoxa rusa:
- Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa, separada en 1922 co propósito de crear unha igrexa nacional belarusa. A organización inicial foi destruída na práctica polas autoridades da URSS a finais da década de 1930; foi revivida brevemente durante a segunda guerra mundial, pero suprimida ao seu remate no territorio de Belarús. No exilio, a xerarquía se uniu á Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia; creouse entón a patir de 1948 unha nova xerarquía co apoio da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína na diáspora. Separouse en dous grupos independentes na década de 1980, que se reunificaron en 2003. Durante os anos seguintes sufriu moitas divisións, e moitos dos seus membros pasaron a formar parte das circunscricións da Igrexa ortodoxa de Constantinopla; sobreviven diferentes grupos que se consideran a si mesmos a Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa orixinal, mais que funcionan de xeito independente entre eles.
- Igrexa ortodoxa autocéfala nacional chuvaxa, estabelecida en 1924 co propósito de crear unha igrexa nacional para os chuvaxos, e liquidada a final dos anos 30.[5][6]
- Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína (1919 - 1937), xurdida en Ucraína na década de 1910 e separada da Igrexa ortodoxa rusa reivindicando a autocefalia. Foi disolta forzosamente polas autoridades da URSS ao longo dos anos 30, sendo o metropolita Vasyl Lypkivsky executado en 1937. Perviviu na diáspora como a Igrexa ortodoxa ucraína nos Estados Unidos de América e a Igrexa ortodoxa ucraína no Canadá, que pasaron a formar parte da Igrexa ortodoxa de Constantinopla en 1995 e 1990, respectivamente.
- Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína (1989 - 2018), considerada herdeira da anterior e restabelecida en Ucraína en 1988 dende a diáspora. Autodisolveuse en 2018, pasando os seus membros a formar parte da Igrexa ortodoxa de Ucraína.
- Igrexa ortodoxa apostólica ucraína, estabelecida polo bispo Mikhail Dutkevich en 2001.
- Eparquía de Kharkiv-Poltava, separada da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína en 2006, comezando en 2015 un proceso de integración na Igrexa católica bizantina ucraína que rematou en 2020.
- Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína na diáspora, xurdida na diáspora ucraína en Alemaña na década de 1940 entre os membros exiliados da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína (1942–1944). Pasou a formar parte da Igrexa ortodoxa de Constantinopla en 1995.
- Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína conciliar, separada da anterior en 1947 por diferenzas arredor da forma de goberno da Igrexa.
- Igrexa ortodoxa ucraína - Patriarcado de Kiev, creada en Ucraína en 1992 e separada da Igrexa ortodoxa rusa.[7] Autodisolveuse en 2018,[8] pasando os seus membros a formar parte da Igrexa ortodoxa de Ucraína, mais foi reactivada por parte deles en 2019.[9]
- Separacións da Igrexa ortodoxa serbia:
- Igrexa ortodoxa croata, separada en 1942 da Igrexa ortodoxa serbia co propósito de asimilar aos serbios dentro do Estado independente de Croacia.[10] Foi liquidada polas autoridades da República Federal Socialista de Iugoslavia. Dende a independencia de Croacia houbo varios intentos de revivila.
- Igrexa ortodoxa montenegrina, separada en 1993 da Igrexa ortodoxa serbia reivindicando a autocefalia.
- Igrexa ortodoxa serbia libre, creada na diáspora en 1963 por diferenzas co patriarcado de Belgrado, considerado baixo influencia das autoridades socialistas de Iugoslavia. Reintegrouse en 1991 na Igrexa ortodoxa serbia, mais foi restabelecida en 2008 en Australia por unha parte descontenta coa integración.
- Eparquía ortodoxa serbia de Raška-Prizren no exilio, estabelecida en 2010 polo bispo da eparquía de Raška-Prizren, quen foi retirado forzosamente do goberno da diocese; dende entón se expandeu por Serbia, e a partir de 2016 polo estranxeiro, chegando aos Estados Unidos de América e a Sudáfrica.
- Separacións da Igrexa ortodoxa xeorxiana:
- Igrexa ortodoxa abkhaza, separada da Igrexa ortodoxa xeorxiana en 2009 reivindicando a autocefalia para a Igrexa en Abkhazia.[11][12]
Igrexas ortodoxas reformistas, reformadas ou renovacionistas
[editar | editar a fonte]- Igrexa católica ortodoxa lusitana.
- Igrexa católica ortodoxa de Francia, xurdida en Francia en 1936 e que nalgúns momentos da súa historia foi parte da Igrexa ortodoxa rusa, da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, da Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia, e da Igrexa ortodoxa romanesa. Por diversos escándalos foi finalmente separada desta última.[13][14]
- O Renovacionismo, movemento cismático impulsado polas autoridades soviéticas dentro da Igrexa ortodoxa rusa e que en 1922 tomou o control da Igrexa; extinguiuse a final dos anos 40. Malia non proclamarse como unha Igrexa diferenciada, creou unha estrutura paralela non canónica, e as súas propostas afastábanse da ortodoxia.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Бочков, П. В. (2018). Обзор неканонических православных юрисдикций XX—XXI вв.: монография: в 4 т. San Petersburgo.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Lane, Christel (1978). Christian Religion in the Soviet Union: A Sociological Study. SUNY Press. pp. 115-116. ISBN 9780873953276.
- ↑ Bobică, Radu. Dicționar de termeni și concepte teologice (en romanés). ePublishers & Editura Coresi. pp. 203–204.
- ↑ (Burgess 2024, p. 118)
- ↑ Изоркин, А. В. (2001). История Чувашии новейшего времени: 1917-1945. Чувашский гос. ин-т гуманитарных наук. p. 118. ISBN 9785876770356.
- ↑ "Чувашская автокефальная церковь просуществовала около десяти лет". idelreal.org (en ruso). 17 de outubro de 2018. Consultado o 30/12/2024.
- ↑ Magocsi, Paul Robert (2010). A History of Ukraine: The Land and Its Peoples, Second Edition. University of Toronto Press. p. 743. ISBN 9781442698796.
- ↑ "Supreme Court of Ukraine confirms that UOC-KP was liquidated legally". Religious Information Service of Ukraine (RISU.org) (en inglés). 8 de xuño de 2021.
In particular, the decision states that the resolution of the local council of the UOC-KP, which took place on December 15, 2018, just before the Unification Council, is valid. This decree, which was signed personally by Bishop Filaret, stopped the activities of the religious organization "Kyiv Patriarchate of the UOC-KP".
- ↑ "Filaret’s 'Council' restores UOC-KP with all its structure, property and criticizes Tomos". Religious Information Service of Ukraine (RISU.org) (en inglés). 20 de xuño de 2019.
- ↑ Biondich, Mark (2004). ""We were defending the State"". En Lampe, John; Mazower, Mark. Ideologies and National Identities: The Case of Twentieth-Century Southeastern Europe. Central European University Press. pp. 64–65. ISBN 9789639241824.
- ↑ "The Abkhaz Orthodox Church's bid for independence". JAMnews. 23 de febreiro de 2021.
- ↑ Freedom House, ed. (2023). Freedom in the World 2022: The Annual Survey of Political Rights and Civil Liberties. Rowman & Littlefield. p. 1387. ISBN 9781538166185.
- ↑ Vignot, Bernard (1991). Les églises parallèles (en francés). Les Editions Fides. pp. 24–25. ISBN 9782204042949.
- ↑ Lesegretain, Claire (4 de febreiro de 1999). "Orthodoxie". La Croix (en francés). ISSN 0242-6056. Archived from the original on 30-11-2020. Consultado o 28/12/2024.
- ↑ Roslof, Edward E. (2002). Red Priests: Renovationism, Russian Orthodoxy, and Revolution, 1905-1946. Indiana University Press. pp. xiii–xiv. ISBN 9780253109460.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burgess, Michael (2024). The Eastern Orthodox Churches: Concise Histories with Chronological Checklists of Their Primates. McFarland. ISBN 9781476606958.