Saltar ao contido

Nikon (patriarca de Moscova)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatriarca Editar o valor en Wikidata
Nikon

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Никон Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1605 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Q18769961 Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de agosto de 1681 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Iaroslavl, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNew Jerusalem Monastery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patriarca de Moscova e de todas as Rusias
1652 – 1658
← Patriarch Joseph (en) TraducirPitirim of Krutitsy (en) Traducir →
Bishop of Novgorod (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPope, bispo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Nikon (en ruso: Ни́кон, en ruso antigo: Нїконъ), nado Nikita Minin (Никита Минин) en Valmanovo (óblast de Nizhnii Novogorod) o 7 de maio de 1605 e finado en Iaroslavl o 17 de agosto de 1681 foi o sétimo Patriarca de Moscova e de todas as Rusias da Igrexa ortodoxa rusa, actuando oficialmente entre 1652 e 1666. Foi recoñecido pola súa elocuencia, enerxía, piedade e as súas ligazóns próximas co tsar Alexis. Nikon introduciu moitas reformas que eventualmente levou ao cisma coñecido como Raskol na igrexa ortodoxa rusa. Durante moitos anos foi unha figura política dominante, en ocasións igualando ou mesmo superando o tsar. As súas reformas litúrxicas foron impopulares entre os conservadores. O grupo opositor das reformas de Nikon é coñecido como staroviery (vellos crentes) ou raskólniki (cismáticos), que defenden o uso das oracións antigas.[1] En decembro de 1666, Nikon foi xulgado por un sínodo de oficiais da igrexa, retirándolle todas as súas funcións sacerdotais e reduciuno ao status de simple monxe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O patriarca Nikon presentando os novos textos litúrxicos no concilio de 1654, pintura de Aleksei D. Kivshenko

Fixo dun campesiño e granxeiro mordoviano chamado Mina, naceu na aldea de Valmanovo, a 90 verstas (96 km) de Nizhnii Novgorod. A súa nai morreu pouco despois do seu nacemento, e o seu pai volveu casar. A súa madrasta maltratouno. Aprendeu a ler e escribir co sacerdote da súa parroquia. Aos doce anos marchou da casa ao mosteiro Makariev onde permaneceu como novizo ata 1624.

Nikon foi un amigo próximo do tsar Alexis I de Rusia, estivo casado durante 10 anos e fíxose monxe tras morreren os seus fillos, escalou posicións dentro da igerxa e en 1649 ascendeu a cargo de bispo metropolitano de Novgorod (o Grande), e en 1652 ao de patriarca de Moscova. Nikon sabía que era bastante impopular entre a nobreza e declinara o ofrecemento varias veces.[2] Dous anos máis tarde en 1654 convocou un concilio en que obrigou os seus sacerdotes a aceptaren unha revisión completa dos textos sagrados, que el traduciu e adaptou dos textos gregos; construíu e reformou mosteiros e dotounos de valiosas coleccións, os seus emisarios percorreron ou Oriente Medio e Rusia buscando manuscritos, tanto profanos como sagrados, que puidesen achegar a igrexa rusa ás súas orixes gregas, creu que Rusia se convertería no centro espiritual e político da igrexa ortodoxa.

Mosteiro da Resurrección da Nova Xerusalén, en Istra.

A reforma suscitou a violenta reacción do protopope Avvakum, xefe dos vellos crentes. Nikon fíxoo deportar a Siberia e someteuno a tortura. En 1656 distanciouse do tsar, quen non aceptaba a primacía do poder espiritual sobre o temporal. En 1658 Nikon retirouse ao mosteiro da Resurrección da Nova Xerusalén que el fundara nas proximidades de Istra dous anos antes. Posteriormente en 1664 intentou recuperar as súas funcións, mais o concilio de 1666, que marcou o triunfo do Estado sobre a Igrexa, apartouno de xeito definitivo, culpándoo de insubordinado e despoxándoo das súas funcións sacerdotais, recoñecéndoo só como Nikon, o monxe.

Nikon foi desterrado ao mosteiro de Ferapontov na rexión de Vologda. Porén, á morte do tsar Alexis, o seu fillo e sucesor o tsar Teodoro III (Fiodor Alekseievich) mandou levar a Nikon ao mosteiro da Resurrección da Nova Xerusalén, máis próximo a Moscova. O septuaxenario monxe non puido sobrevivir á longa viaxe, falecendo na igrexa Nikolo-Tropinskaia nas proximidades de Iaroslavl. Por expreso desexo do tsar e a pesar das protestas do patriarca Xoaquín de Moscova, Nikon foi enterrado coas honras de patriarca no seu querido mosteiro de Istra. En 1682 o tsar conseguiu a devolución post mortem do título de patriarca a Nikon.

  1. "Enciclopedia Católica". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2009. Consultado o 01 de setembro de 2019. 
  2. Prominent Russians: Patriarch Nikon russiapedia.rt.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lobachev, Sergei V. "Patriarch Nikon's Rise to Power." Slavonic and East European Review (2001): 290-307. in JSTOR
  • Meyendorff, Paul. Russia, ritual, and reform: the liturgical reforms of Nikon in the 17th century (RSM Press, 1991)
  • Shusherin, Ioann. From Peasant to Patriarch: Account of the Birth, Uprising, and Life of His Holiness Nikon, Patriarch of Moscow and All Russia (2008)
  • Spinka, Matthew."Patriarch Nikon and the Subjection of the Russian Church to the State." Church History 10#4 (1941): 347-366. in JSTOR