Oruchuban Ebichu
Oruchuban Ebichu | |
---|---|
おるちゅばんエビちゅ (Oruchuban Ebichu) | |
Anime '' | |
Dirixido por | Makoto Moriwaki |
Estudio | Group TAC, Gainax |
Canle televisiva | |
Primeira emisión | 1 de agosto de 1999 |
Última emisión | 1 de outubro de 1999 |
Núm. de capítulos | 24 |
Manga | |
Creado por | Risa Itō (伊藤 理佐) |
Editor | |
Publicado en | Futabasha |
Primeira edición | 1991 |
Última edición | 2008 |
Núm. de volumes | 15 |
Oruchuban Ebichu (おるちゅばんエビちゅ lit. Ebichu organiza a casa) é un manga creado por Risa Itō publicado por Futabasha. Tamén conta cunha adaptación ao anime, a cal foi producida por Gainax, pero animada por Group TAC, que foi transmitida por DirecTV Xapón, e ademais era un dos tres animes que facían parte dun show chamado Ai no Awa Awa Hour. Foi transmitida no Xapón do 1 de agosto de 1999, ata o 1 de outubro dese mesmo ano.
Orochuban Ebichu é un anime e un manga dirixido ao público adulto, debido á súa explícita violencia, linguaxe ofensivo, e escenas de sexo explícito das cales só poderían mostrarse por DirectTV Japan. A versión inédita só pode atóparse en DVD. O programa está feito cun estilo de arte moi sinxelo, e o seu contido sexual está dirixido máis cara ao xénero de comedia, o cal se considera ecchi, ca a un xénero fetichista.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ebichu - Hámster moi imperativa que se encarga das tarefas do fogar.
- Ama - É a dona de Ebichu.
- Kaishounachi - Mozo da ama. É infiel e non se leva ben con Ebichu.
- Maa-kun - É amigo de Kaishounachi e está profundamente namorado de Ebichu.
- A caseira - É a dona do edificio onde viven Ebichu e á súa ama.
- Os Kobayashi - Son unha parella de recentemente casados que se mudan ao apartamento de ao lado. Ebichu e a súa dona espíanlles con frecuencia.
- Watanabe-san - É amiga da ama de Ebichu, sempre está a sorrir e encántanlle as flores.