Saltar ao contido

Os Chous, Lubián

Modelo:Xeografía políticaOs Chous, Lubián

Localización
Mapa
 42°01′52″N 6°55′37″O / 42.031111111111, -6.9269444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora
ConcelloLubián Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.150 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49573 Editar o valor en Wikidata

Os Chous[1] (Chanos en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello de Lubián na provincia de Zamora (Castela e León). Está situada a carón da Serra Segundeira. Segundo o INE, no ano 2012 tiña 55 habitantes.

Características

[editar | editar a fonte]

Atópase situado ao noroeste da provincia de Zamora, xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da histórica rexión lusitana de Trás-Os-Montes. Pertence ás Portelas, unha sub-bisbarra da bisbarra histórica e tradicional de Seabra.

No seu termo atópase o Santuario da Tuiza, patroa da Alta Sanabria e centro da romaría que cada último domingo de setembro congrega aos veciños da zona.

É unha das poucas localidades bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]

O número de habitantes descendeu de modo paulatino desde a metade do século XX. A súa economía está baseada na agricultura e a gandaría.

  1. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 12. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  2. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]