Os Incríveis (banda)
Os Incríveis | |
---|---|
Orixe | São Paulo, Brasil |
Período | 1962 - actualmente |
Xénero(s) | rock instrumental, surf music, twist, college rock |
Selo(s) discográfico(s) | GEL, a través do selo Continental CBS Argentina RCA Eldorado Discoberta |
Membros | Rubinho Ribeiro, Sandro Haick, Wilson Teixeira, Leandro Weingaertner e Netinho |
Antigos membros | Aroldo Santarosa, Demerval Teixeira Rodrigues (Neno) Domingos Orlando (Mingo), Manito, Nene Benvenuti, Waldemar Mozena (Risonho) |
Na rede | |
[1] | |
Os Incríveis é unha banda brasileira da tendencia do rock, surf music e twist con letras en portugués formada orixinalmente por tres paulistanos Domingos Orlando (Mingo), Waldemar Mozena (Risonho) e Demerval Teixeira Rodrigues (Neno) e o vigués Antônio Rosas Sanches (Manito)[1]
Fundada en 1962 co nome inicial dos The Clevers, e cunha fase de 10 meses en 1964 rebautizados en castelán como Los Increibles cando foron contratados por Francisco Teixeira para actuar na Televisión Arxentina, para o cal prepararon letras en español. Ao remate dos 10 meses voltan ao Brasil como Os Incríveis e participan da estrea do programa Jovem Guarda da TV Record con Roberto Carlos, Erasmo Carlos e Wanderléa. En 1966, asinan un contrato coa TV Excelsior para comandar, nas tardes de domingo, o programa Os Incríveis. En 1967, móvense para a TV Tupi co seu programa propio, e Os Incríveis tórnase líder de audiencia nacional, chegando a rodar un filme ao final dese ano - Os Incríveis Neste Mundo Louco - dirixido por Brancato Júnior. [2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa volta da Arxentina o grupo competía xa en popularidade con outras bandas de twist, como os The Fevers e Renato e Seus Blue Caps, bandas que tamén aparecían no popular programa televisivo do Jovem Guarda nos sesenta.
Tras oito discos de estudo na discográfica RCA, entre 1967 e 1979, Domingos Orlando (Mingo) pivotou as composicións da banda a un estilo máis próximo ao pop de baile italiano dos setenta.
Ao final dos setenta a banda xa foi capaz de mesturar o rock progresivo e a psicodelia (con influencias citadas como Ronnie Von) o Forró (en cancións como Sem Vergonheira) o Samba-Rock (Vendedor de Bananas) e até a Bossa Nova (Estrada do Sol). Até mesmo cancións puramente instrumentais con guitarra e o son do habilidoso saxofonista vigués Manito. [3]
A partir dos oitenta a banda muda de integrantes case por completo mais séguense celebrando reunións e concertos homenaxe coas cancións orixinais durante, 2003, 2005 ou 2010, cun disco novo en 2018. A banda non se disolveu ata o día de hoxe.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudo
[editar | editar a fonte]Como The Clevers
[editar | editar a fonte]- 1963 - Encontro com The Clevers (Twist) (Continental)
- 1964 - Os Incriveis (Continental)
- 1964 - Os Incriveis Vol. 2 (Continental)
- 1965 - Dançando com The Clevers - Os Incríveis Vol. 3 (Continental)
Como Os Incríveis
[editar | editar a fonte]- 1965 - Los Increíbles (CBS Argentina)
- 1966 - Os Incríveis (Continental)
- 1967 - Para os Jovens Que Amam os Beatles, Rolling Stones e... Os Incríveis (RCA)
- 1968 - Os Incríveis Internacionais (RCA)
- 1969 - Os Incríveis (RCA)
- 1970 - Os Incríveis (RCA)
- 1971 - 1910 (RCA)
- 1973 - Mingo, Nenê e Risonho (RCA)
- 1975 - Isso É a Felicidade (RCA)
- 1979 - Os Sucessos das Paradas (RCA)
- 1981 - Os Incríveis (RCA)
- 2018 - A Paz É Possível (Discobertas)
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- 2001 - Ao Vivo (Continental East West)
- 2015 - Netinho Comemora 50 Anos de Os Incríveis (Ao Vivo) (Eldorado)
Banda Sonora
[editar | editar a fonte]- 1967 - Os Incriveis Neste Mundo Louco (Continental)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.dicionariompb.com.br/manito/biografia
- ↑ "Os Incríveis - 1966". 11 de xuño 2020. Consultado o 18 de decembro de 2023.
- ↑ "Som n’A BOINA #04: Os (incompreendidos) Incríveis". 24 de febreiro 2017. Consultado o 18 de decembro de 2023.