Os malos pastores
Os malos pastores | |
---|---|
![]() | |
Autor/a | Octave Mirbeau |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | Traxedia |
Data de pub. | 1898 |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Les_mauvais_bergers.jpg/240px-Les_mauvais_bergers.jpg)
Os malos pastores (título orixinal en francés: Les Mauvais Bergers) é unha obra de teatro escrita por Octave Mirbeau en 1897, drama en cinco actos en prosa que se representou por primeira vez o 14 de decembro de 1897 no teatro do Renacemento, París, con Sarah Bernhardt e Lucien Guitry, os dous grandes actores de teatro da época.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Trátase dunha traxedia proletaria, a historia dunha folga obreira, organizada por un líder anarquista, Jean Roule. Os folguistas tópanse de fociños coa intransixencia de Hargand, o patrón, e do goberno, que envía ás tropas para esmagar aos insurxentes.
No quinto acto triunfa a morte, pechando a porta a calquera xerminación futura: Madeleine, a moza obreira, amante de Jean Roule, é asasinada ao seu carón polo que o neno que agardaban non verá endexamais a luz.
Tradución ao galego
[editar | editar a fonte]No ano 2010 foi publicada en galego por Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, en tradución de Maria Obdulia Luis Gamallo.