Os números galegos até 20
Aparencia
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Que son os numerais?
[editar | editar a fonte]Os numerais son os determinantes que acompañan un substantivo e indican cantidade exacta (cardinais), orde (ordinais), fraccións (partitivos) ou múltiplos (múltiplos).
Vexamos no seguinte cadro como se escriben os números ata vinte:
Cardinais | Ordinais | Partitivos | Multiplicativos | |
---|---|---|---|---|
1 | un/unha | primeiro-a | ||
2 | dous/dúas | segundo-a | medio-a | dobre, duplo-a |
3 | tres | terceiro-a | terzo-a | triplo-a |
4 | catro | cuarto-a | cuarto-a | cuádruplo-a |
5 | cinco | quinto-a | quinto-a | quíntuplo-a |
6 | seis | sexto-a | sexto-a | séxtuplo-a |
7 | sete | sétimo-a | sétimo-a | séptuplo-a |
8 | oito | oitavo-a | oitavo-a | óctuplo-a |
9 | nove | noveno-a | noveno-a nono-a |
|
10 | dez | décimo-a | décimo-a | décuplo-a |
11 | once | undécimo-a onceno-a |
onceavo-a undécimo-a |
|
12 | doce | duodécimo-a décimo segundo-a |
doceavo-a duodécimo-a |
|
13 | trece | décimo terceiro-a | treceavo-a | |
14 | catorce | décimo cuarto-a | catorceavo-a | |
15 | quince | décimo quinto-a | quinceavo-a | |
16 | dezaseis | décimo sexto-a | dezaseisavo-a | |
17 | dezasete | décimo sétimo-a | dezaseteavo-a | |
18 | dezaoito | décimo oitavo-a | dezaoitoavo-a | |
19 | dezanove | décimo noveno-a | dezanoveavo-a | |
20 | vinte | vixésimo-a | vinteavo-a |
Hai certos substantivos numerais ou colectivos relacionados cos numerais como:
- par: un par de ollos
- parella: unha parella de gatos
- trío: eles forman un trío para cantar
- decena/ducia: merquei unha ducia de ovos
- cento: Xosé pesa un cento de quilos
- milleiro: Diso fai un milleiro de anos
- metade: Quero a metade da mazá
Para indicarmos orde tamén podemos empregar os numerais cardinais no canto dos ordinais, solución que mesmo parece aconsellable a partir do cardinal décimo noveno. Así, en vez de dicirmos a cláusula trixésimo segunda podemos dicir a cláusula trinta e dous.