Oscarito
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1906 Málaga, España |
Morte | 4 de agosto de 1970 (63 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Causa da morte | ictus |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión |
Período de actividade | 1914 - |
Familia | |
Fillos | Miryan Thereza |
Cronoloxía | |
Grande Otelo | |
Oscarito, nome artístico de Oscar Lorenzo Jacinto de la Inmaculada Concepción Teresa Díaz, nado o 16 de agosto de 1906 en Málaga e finado o 4 de agosto de 1970, foi un actor andaluz naturalizado brasileiro. Está considerado un dos cómicos máis populares do Brasil, famoso polo dúo que fixo con Grande Otelo, en comedias dirixidas por Carlos Manga e Watson Macedo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de circo, chegando ao Brasil con un ano, pero só se naturalizou en 1949.
Debutou no circo aos cinco anos, e alí aprendeu a tocar o violín, sendo tamén pallaso, trapecista, acróbata e actor.
Éxito
[editar | editar a fonte]Debutou no teatro de revista en 1932, na obra Calma, Gegê, que satirizaba ao ditador Getúlio Vargas, do que despois se faría amigo. No cine estreouse en Noites Cariocas, de 1935, aínda que apareceu nunha película anterior, e foi nesta arte na que gañou unha enorme popularidade no país. Colaborou con Grande Otelo en varias películas de chanchada.
O seu nome, no Brasil, era paralelo aos máis grandes humoristas do cine, como Charles Chaplin ou Cantinflas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estaba casado con Margot Louro, coa que tivo dous fillos.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Na mañá do 15 de xullo de 1970, sentíase mal debido a un ictus e foi hospitalizado, xa en coma, falecendo o 4 de agosto[1]. O seu corpo foi velado no salón principal da Asemblea Lexislativa do Estado de Guanabara, coa presenza de máis de dúas mil persoas[2]. O enterro levou unhas cincocentas persoas ao cemiterio de São João Batista. [2]
Obras
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | |
---|---|---|---|
1968 | Jovens Para Frente | ||
1967 | A Espiã que Entrou em Fria | ||
1965 | Crônica da Cidade Amada | ||
1962 | Os Apavorados | ||
1961 | Entre Mulheres e Espiões | Henrico | |
1960 | Os Dois Ladrões | Jonjoca | |
1960 | Duas Histórias | ||
1959 | O Cupim | Tristão dos Prazeres | |
1959 | Pintando o Sete | Palhaço Catito | |
1959 | O Homem do Sputnik | Anastácio | |
1959 | Esse Milhão é Meu | Felismino Tinoco | |
1957 | De Vento em Popa | ||
1957 | Treze Cadeiras | Bonifácio | |
1956 | Vamos com Calma | Buscapé | |
1956 | Colégio de Brotos | Agapito | |
1956 | Papai Fanfarrão | ||
1955 | O Golpe | ||
1955 | Guerra ao Samba | ||
1954 | Matar ou Correr | Xerife Kid Bolha | |
1954 | Nem Sansão nem Dalila | Horácio / Sansão | |
1953 | A Dupla do Barulho | ||
1952 | Três Vagabundos | ||
1952 | Carnaval Atlântida | Professor Xenofontes | |
1952 | Barnabé, tu és meu | ||
1951 | Aí Vem o Barão | Carlos Ferderico | |
1950 | Aviso aos Navegantes | Frederico | |
1949 | Carnaval no Fogo | Serafim | |
1949 | Caçula do Barulho | ||
1948 | É com Este que Eu Vou | ||
1948 | Falta Alguém no Manicômio | ||
1948 | E o Mundo se Diverte | ||
1948 | Asas do Brasil | ||
1947 | Este Mundo é um Pandeiro | ||
1946 | Fantasma por Acaso | Zézinho ("José Sobrinho Filho") / Daniel Matos | |
1945 | Não Adianta Chorar | ||
1944 | Gente Honesta | ||
1944 | Tristezas não Pagam Dívidas | Carlinhos | |
1942 | Os Malandrões | ||
1941 | O Dia é Nosso | ||
1941 | Vinte e Quatro Horas de Sonho | ||
1941 | Céu Azul | Vitorino Vitório | |
1938 | Banana da Terra | ||
1938 | Está Tudo Aí! | ||
1937 | Bombonzinho | ||
1936 | Alô, Alô Carnaval | ||
1935 | Noites Cariocas | ||
1933 | A Voz do Carnaval |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oscarito está desenganado". O Estado de S. Paulo (en português) (29.234): 8. 28 de xullo de 1970. ISSN 1516-2931.
- ↑ 2,0 2,1 "500 no adeus a Oscarito". O Estado de S. Paulo (en português) (29.242): 13. 6 de agosto de 1970. ISSN 1516-2931.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oscarito |
A Galicitas posúe citas sobre: Oscarito |