Osceola
Osceola por George Catlin | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1804 Tallassee, Alabama |
Morte | xaneiro de 1838 Fort Moultrie, Carolina do Sur |
Causa da morte | malaria |
Lugar de sepultura | Osceola's tomb (en) |
Xefe tribal | |
1838 | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo seminole |
Actividade | |
Ocupación | político |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Osceola) Encyclopædia Britannica The New Student's Reference Work (en) |
Osceola, nado como Billy Powell en 1804, e finado en xaneiro de 1838, foi un influente líder dos seminoles en Florida. De ascendencia mesturada, creek, escocés e inglés, foi criado como un creek pola súa nai segundo o sistema matrilineal da tribo. Migrou coa súa tribo a Florida cando era neno xunto con outros refuxiados Red Stick despois da súa derrota en 1814 na guerra creek.
En 1836, Osceola liderou unha pequena banda de guerreiros na resistencia seminole durante a segunda guerra seminole, cando os Estados Unidos tentaron deportar a tribo das súas terras en Florida. Converteuse en conselleiro de Micanopy, o principal xefe dos seminole dende 1825 até 1849.[1] Osceola liderou a guerra de resistencia até que foi capturado en setembro de 1837 por engano, baixo unha bandeira de tregua,[2] cando foi a un forte dos Estados Unidos para falar de paz. Por mor da súa fama, Osceola atraeu visitantes e pintores. Morreu poucos meses despois en prisión en Fort Moultrie, Charleston, Carolina do Sur, e o motivo declarado foi unha infección de malaria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Osceola, the Man and the Myths", retrieved January 11, 2007 Arquivado 02 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ John K. Mahon, HISTORY OF THE SEMINOLE WAR 1835-1842, Second edition (Gainesville: University of Florida, 1985), p. 214. "General Jessup now reached the decision which was to make him more infamous than famous in the eyes of many generations. He decided to persist in his new policy of ignoring flags of truce."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marcus, Martin L. Freedom Land. Fiction, Forge Books (Tom Doherty Associates), 2003.
- Milanich, Jerald T. "Osceola's Head", Archaeology, January/February 2004
- Wickman, Patricia R. Osceola's Legacy. University of Alabama Press, 1991.