Oshana
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Namibia ![]() | ||||
Capital | Oshakati ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Okaku Constituency (en) ![]() Okatana Constituency (en) ![]() Okatyali Constituency (en) ![]() Ompundja Constituency (en) ![]() Ondangwa Rural Constituency (en) ![]() Ondangwa Urban Constituency (en) ![]() Ongwediva Constituency (en) ![]() Oshakati East Constituency (en) ![]() Oshakati West Constituency (en) ![]() Uukwiyu Constituency (en) ![]() Uuvudhiya Constituency (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 176.674 (2011) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua kwanyama Kwambi (en) ![]() Lingua ndonga ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.653 km² ![]() | ||||
Bañado por | Lake Oponona (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | NA-ON ![]() | ||||
Páxina web | oshanarc.com.na ![]() |
Oshana é unha das catorce rexións de Namibia.
A súa capital é Oshakati.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situada no norte do país, preto da fronteira con Angola, pero se limitar con ela, é a máis pequena das rexións namibianas, ocupando unha extensión de 8 647 km2.
No ano 2017 albergaba unha poboación de 181 898 habitantes,[1] polo que nesa data a súa densidade de poboación era de 21 hab./km².
A súa capital é a cidade de Oshakati, que no ano 2011 tiña unha poboación de 36 541 habitantes.[2] Outras cidades importantes da rexión, achegadas á capital, son Ongwediva e Ondangwa.
O complexo das cidades Oshakati-Ongwediva-Ondangwa experimentou un importante crecemento urbano nos últimos anos, e constitúe un importante foco comercial e industrial. No seu conxunto, forma a segunda maior concentración de poboación de Namibia despois de Windhoek, pero aínda carece de infraestruturas básicas e da maioría dos servizos e instalacións que normalmente se achan en zonas urbanas deste tamaño. A maioría das empresas do norte de Namibia sitúanse aquí, subministrando unha cantidade importante de emprego. Porén, a urbanización continúa dentro da rexión.
O Índice de Desenvolvemento Humano da rexión en 2017 era de 0,669.[3]
Características fisiográficas[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/43/Pearl_millet_after_combine_harvesting.jpg/220px-Pearl_millet_after_combine_harvesting.jpg)
O nome Oshana describe a característica máis destacada da paisaxe da zona, as depresións superficiais e inundadas estacionalmente que fundamentan o sistema agroecolóxico local.
Aínda que as comunicacións están obstaculizadas durante a estación de chuvias, os peixes que se reproducen nos oshanas subministran á poboación unha importante fonte de proteínas.
O millo miúdo ou paínzo da especie Pennisetum glaucum é o principal cultivo de Oshana. Porén, o solo está esgotado en gran parte da zona central da rexión, e require unha fertilización substancial para manter unha produtividade razoábel.
O gando tamén se produce ben aquí, e os rabaños son extensos.
A parte sur de Oshana é unha extensa chaira que se estende até o Etosha Pan, pero a salinidade xeralmente elevada do solo e da auga fano inapropiado para o pasto ou o cultivo.
Infraestruturas[editar | editar a fonte]
A rexión está bastante máis densamente poboada ao norte, que está relacionada con Tsumeb e outras rexións por unha estrada troncal de alta calidade; isto tamén facilita o transporte de mercadorías. Porén, requírese unha mellora significativa no resto da rede viaria e noutras formas de comunicacións. Oshakati e Ondangwa teñen aeródromos que utilizan avións de tamaño medio á luz do día. O establecemento dunha torre de control pode contribuír á mellora do transporte aéreo. Hai hospitais razoabelmente bos en Oshakati e Onjiipa. Aínda que existen escolas primarias e secundarias repartidas por toda a rexión, hai poucas en relación ao número de habitante.
Segundo a Enquisa de Forzas de Traballo de Namibia do ano 2012, o desemprego na rexión de Oshana era do 24,5 %.[4] En 2013, Oshana contaba con 137 escolas cun total de 50 740 alumnos.[5]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Paisaxe típica da rexión de Oshana
-
Zona inundada en Oshana
-
Mercado en Oshakati
-
Nova Casa do Concello de Oshakati
-
Gacelas e unha avestruz en Etosha
-
Un elefante e dúas cebras en Etosha
-
Paisaxe de Oshana
-
Novo mercado de Oshakati
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Namibia's Population by Region". Election Watch. Institute for Public Policy Research (1): 3. 2013.
- ↑ "Table 4.2.2 Urban population by Census years (2001 and 2011)" (PDF). Namibia 2011 - Population and Housing Census Main Report. Namibia Statistics Agency. p. 39. Consultado o 1 de agosto de 2019.
- ↑ "Sub-national HDI - Area Database - Global Data Lab". hdi.globaldatalab.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019.
- ↑ Duddy, Jo Maré (11 de abril de 2013). "Unemployment rate still alarmingly high". The Namibian. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 01 de agosto de 2019.
- ↑ Miyanicwe, Clemans; Kahiurika, Ndanki (27 de novembro de 2013). "School counsellors overstretched". The Namibian. p. 1.