Oslac de Sussex
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | século VIII |
Monarca | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Oslac foi un rei de Sussex. Reinou conxuntamente con Ealdwulf e Ælfwald, e probabelmente tamén con Oswald e Osmund.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oslac foi testemuña dun documento non datado de Ealdwulf, que se cre que era de sobre 765, co seu nome transmitido corruptamente como Osiai rex .
Despois da conquista de Sussex por Offa, rei de Mercia, Oslac foi testemuña nun documento de Offa, datado en 772, como Oslac dux, co seu nome colocado despois dos de Oswald, Osmund e Ælfwald, suxerindo que era o máis novo dos reis anteriores.
O seu documento conservado máis tardío está datado en 780, e o orixinal aínda existe; nel aparece como Oslac dux Suthsaxorum.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simon Keynes: Kings of the South Saxons. In: Lapidge et al. (Hrsg.): The Blackwell Encyclopaedia of Anglo-Saxon England. Wiley-Blackwell, Oxford u.a. 2001, ISBN 978-0-6312-2492-1, S. 509–510.
- D. P. Kirby: The Earliest English Kings, Routledge, 2000, ISBN 978-0415242110.
- John Cannon, Anne Hargreaves: The Kings and Queens of Britain, Oxford University Press, 2009 (2. überarb. Aufl.), ISBN 978-0-19-955922-0, S. 25.
- Barbara Yorke: Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Routledge, Londres-Nova York 2002, ISBN 978-0-415-16639-3. PDF (6,2 MB)