Ostedijk
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
O Ostedijk é un cargueiro neerlandés que, cunha carga de 6.000 toneladas de fertilizantes NPK 15-15-15-C, quedou sen combustíbel e comezou a expulsar gases irritantes fronte ás costas setentrionais de Galiza, en febreiro de 2007. Os gases producíronse por un quentamento impropio da carga, como consecuencia do uso de combustíbeis non axeitados.
O buque cubría unha ruta entre Porsgrunn (Noruega) e Valencia (España).
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]O 17 de febreiro, ás 2:30, o buque realiza unha chamada de auxilio a unhas 50 millas ao norte da Coruña. O buque é remolcado, subsánanse os problemas e ás 22:30 recibe a autorización para continuar cara a Valencia coa escolta do remolcador Don Inda.
O 18 de febreiro o cargueiro volve ter problemas, e lanza unha chamada de auxilio ás 11:30, a unhas 34 millas ao noroeste de Cabo Vilán. Catro tripulantes de nacionalidade filipina foron evacuados como consecuencia da inhalación continuada dos gases. Un remolcador lévao en paralelo á costa en dirección oeste, ata situalo a unhas 14 millas ao norte de Viveiro. As autoridades españolas deciden arrefriar a carga de fertilizantes e trafegala para outro buque, se ben non se decide nun primeiro momento se esas operacións se realizarán en porto (Viveiro) ou en mar aberto. Finalmente a decisión do Ministerio de Fomento español é a de realizar esas operacións en mar aberto, a unhas 13 millas ao leste de Estaca de Bares.
O 23 de febreiro as autoridades consideran que a carga xa está abondo arrefriada. Revisan o buque e entenden que a súa estrutura non está danada e que pode continuar viaxe nuns días. O 28 de febreiro sae de augas galegas, pero ante a imposibilidade de continuar ruta cara a Valencia, decidiu ir a Bilbao para descargar a mercadoría.