Otidiphaps nobilis
Otidiphaps nobilis | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O. nobilis aruensis no zoo de Cincinnati. | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Otidiphaps nobilis Gould, 1870 | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Otidiphaps nobilis, coñecida na bibliografía internacional como pomba faisán, é unha especie de ave, endémica de Nova Guinea, pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos, e tamén a única da subfamilia dos otidifabinos, así como a única representante do único xénero desta, Otidiphaps.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha gran pomba terrestre, que se asemella a un faisán na súa morfoloxía externa, particularmente na súa cola comprimida lateralmente e as ás arredondadas, ao que alude o seu nome vulgar. Como non hai ninguna ave galiforme en Nova Guinea, a pomba faisán ocupa o nicho ecolóxico das perdices ou dos pequenos faisáns, mentres que a súa parente, a pomba coroada (Goura cristata), ten un estilo de vida semellante ao dos faisáns máis grandes, pitas do monte ou os pavos.
É unha especie moi silenciosa que se alimenta de sementes e froitos caídos. Aniña no chan baixo árbores e arbustos, poñendo no niño un único ovo que choca durante aproximadamente catro semanas.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat son as selvas chuviosas de Nova Guinea e as illas adxacentes. Pódese atopar en outeiros e áreas montañosas baixas, pero tamén nas terras baixas. Atópase en Indonesia e Papúa-Nova Guinea, onde se encontra en Batanta e Waigeo e nas montañas do oeste de Nova Guinea ao leste de Nassau e Oranje Ranges, desde o nivel do mar até os 2 050 m de altura.[3][4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Tamto o xénero como a especie foron descritos en 1870 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould, na páxina 62 da súa obra The Annals and magazine of natural history; inluding zoology, botany, and geology.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O nome científico do xénero fai referencia ás súas similitudes coa familia das avetardas (Otididae). Concretamente, o nome Otidiphaps está formado polos elementos do latín científico otid- e -phaps (ambos tirados do grego antigo, e unidos por un -i- epentético para faciliar a pronuncia). O primeiro elemento está tirado da raíz do xenitivo do nome ὠτίς ōtís, 'abetarda'; e o segundo, de φάψ pháps, 'pomba salvaxe'.[5]
O nome común reflixte a súa adaptación a manterse no solo do bosque como un faisán asiático oriental, ao que se parece.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS e a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, a especie comprende as seguintes catro subespecies:[2][6]
- Otidiphaps nobilis Gould, 1870
- Otidiphaps nobilis aruensis Rothschild, 1928
- Otidiphaps nobilis nobilis Gould, 1870
- Otidiphaps nobilis cervicalis E. P. Ramsay, 1880
- Otidiphaps nobilis insularis Salvin & Godman, 1883
Status
[editar | editar a fonte]O tamaño da poboación global de Otidiphaps nobilis non foi cuantificado, pero a especie descríbese a miúdo como bastante común en zonas montañosas, aínda que localmente escasa nalgures.[4]
Sospéitase que a poboación está diminuíndo lentamente debido á deforestación do seu hábitat forestal primario, pero a taxa de declive non foi cuantificada.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie ten unha área de distribución moi grande e que, polo tanto, non se achega aos limiares do criterio de tamaño vulnerábel, e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación non foi cuantificado, pero non se cre que se achegue aos limiares para o criterio de tamaño da poboación vulnerábel. Por estas razóns a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
O. n. aruensis
-
O. n. insularis
-
O. n. nobilis
-
O. n. nobilis, primeiro plano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Otidiphaps nobilis na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 3 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Otidiphaps nobilis Gould, 1870 no ITIS.
- ↑ del Hoyo, Elliott & Sargatal 1997.
- ↑ 4,0 4,1 Gibbs, D.; Barnes, E. & Cox, J. (2001): Pigeons and doves: a guide to the pigeons and doves of the world. New Haven, Connecticut: Yale University Press ISBN 0-3000-7886-2.
- ↑ Otidiphaps no Merriam-Webster's Unabriged Dictionary.
- ↑ Order Comumbiformes. Family Columbidae, na IOC World Bird List. Versión 9, 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otidiphaps nobilis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Otidiphaps nobilis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1.
- Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Otidiphaps nobilis. Pheasant pigeon na ADW.
- Green Naped Pheasant Pigeon. Otidiphaps nobilis Gould 1870 na EOL.
- Otidiphaps nobilis - Pheasant Pigeon en Oiseaux.net (en francés).
- Otidiphaps nobilis Gould, 1870 en Avibase (en inglés).
- Pheasant Pigeon (Otidiphaps nobilis) is being split: list O. insularis as Endangered and O. aruensis as Vulnerable? Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.