Otilia Seijas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1938 (86 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
María Otilia Seijas García, nada en Lugo o 22 de xuño de 1938, é unha novelista e xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun mestre, ela é tamén mestra diplomada en lingua francesa e preescolar. Traballou en distintas localidades da provincia de Lugo. Ten escrito con regularidade en diversos medios de comunicación (El Progreso, La Voz de Galicia), mais sobre todo en El Correo Gallego.
Obra
[editar | editar a fonte]- Viudas de vivos (1989)
- Buceando en el pasado (1990)
- Hijos del poder (1992)
- Égida (1994)
- Esto era y no era (1999)
- Ninguén suspira por ela (1999)
- Escoitar o silencio (2003, traducida tres anos máis tarde ao castelán)
- Cuentos de pocas lunas (2011)
- Los amigos lejanos (2012)
- Cuentos del cuarto azul (2019)
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Medalla de ouro da cruz Vermella.
- Membro da Enxebre Orde da Vieira.
- Dama de la Serenísima Orde da Alquitara.
- Dama da Orde do Camiño de Santiago.
- Medalla de Ouro ao labor literario do Foro Universitario Europeo Reis Católicos (2006).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou co político do PPdeG Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e tivo tres fillos.